Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMENZA NA PRAZA ALVARO PARADELA O PROGRAMA DE TRANSMISIÓN DE VALORES INTERXENERACIONAIS "MESTRES DA VIDA"
Esta actividade da Concellería de Persoas Maiores tamén se levará a cabo en centros educativos de Narón
Narón, 13 de Outubro de 2009.- A Concelleira de Ensino e Persoas Maiores de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa o programa titulado “Mestres da vida”. Trátase dunha iniciativa pionera no municipio, que lévase preparando dende xaneiro deste ano, a través da Concellería de Persoas Maiores. Este programa ten un orzamento total de 7.900 euros (financiados entre o Concello -4.318€- e a Deputación -3.582€-). A primeira actividade deste programa se desenvolverá o mércores de 17 a 18:30 horas na praza Alvaro Paradela (Freixeiro) e máis adiante, o programa “Mestres de vida” se levará a outros puntos de Narón coma o IES Terra de Trasancos, e as prazas públicas de Doso, Pedroso, San Xiao, Castro, O Val, A Gándara, A Solaina, Alto, e ó colexio Jorge Juan (Xuvia). “Mestres da vida” comprende unha serie de obradoiros interxeneracionais extraescolares, a cargo de 22 persoas maiores que estarán acompañados por educadores sociais. Así, os nenos e nenas poderán coñecer e compartir da man dos protagonistas a historia de Narón. As explicacións compleméntanse con obxectos antigos, revistas, e documentos de épocas pasadas. Este programa ten como obxectivo sensibilizar á xuventude sobre a importancia da convivencia interxeneracional, e promover a participación das persoas maiores na educación formal da infancia e mocidade a través desta iniciativa, que se ofertará como actividade extraescolar nos colexios de Narón. Así tamén se pretende “validar” a figura do maior como persoa cualificada para a transmisión de coñecemento. As actividades incluidas neste obradoiro divídense en tres tipos: 1.- Explícame a túa historia: relato de vivencias personais, da infancia e mocidade en Narón, por parte das persoas maiores. Falarase do contraste de xeneracións co paso do tempo, a familia, a escola, o traballo, as casas, a indumentaria, a comunicación, o mundo rural e urbano, e as relacións personais como unha parte da memoria colectiva do municipio. Os rapaces e rapazas coñecerán e compartirán da man dos protagonistas a historia de Narón. 2.- Cóntame un conto: difusión de contos tradicionais, explicados coa tranquilidade e o misterio que sólo as experiencias vividas aportan. Relato de contidos e valores, acompañados con ilustracións, marionetas, obxectos e libros. Tamén se complementará co canto de cancións tradicionais que moitos nenos/as non coñecen, e explicacións referentes ós contidos da letra, a procedencia ou a súa transmisión e o paralelismo coas cancións infantis actuais. 3.- Os xogos: os rapaces e rapazas coñecerán xogos típicos doutros tempos coma a chave, o tiro de corda, o corte con tronzador, a rá, e a casiña. A Concellería de Persoas Maiores está aberta á solicitude desta actividade por parte de máis centros educativos e entidades con sede en Narón, tal e como apuntou a súa delegada, Mª del Carmen Espada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal