Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL CONMEMORAN O DÍA DE EUROPA CON ILUMINACIÓN NOCTURNA DE COR AZUL
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL CONMEMORAN O DÍA DE EUROPA CON ILUMINACIÓN NOCTURNA DE COR AZUL
Os dous consistorios participan na campaña lanzada dende o Concello de A Coruña para iluminar coas cores corporativas da Unión Europea edificios emblemáticos nas cidades beneficiarias de Estratexias DUSI de España, como símbolo de unidade e cooperación
Narón, 6 de maio de 2021. As fachadas principais do Teatro Jofre en Ferrol e, da Casa da Cultura e do edificio do antigo concello de Xuvia en Narón iluminaranse de azul durante os días 7, 8 e 9 de maio con motivo da conmemoración do Día de Europa. Ambos concellos súmanse así á iniciativa promovida dende o Concello de A Coruña para iluminar de cor azul edificios emblemáticos da cidade nunha celebración conxunta do aniversario da Unión Europea. Unha celebración na que xunto a Ferrol e Narón participarán ao redor de 65 municipios españois beneficiarios dunha Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020.
O Día de Europa celébrase cada 9 de maio como símbolo da paz e a unidade do continente. Conmemórase dende 1985 en recordo á histórica declaración de Schuman, pronunciada en París en 1950 polo ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman. Coa súa proposta expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixera impensable un conflicto bélico entre as
nacións europeas, converténdose no inicio do que hoxe é a Unión Europea.
Con este xesto búscase poñer de manifesto a unión, cooperación e harmonía entre todos os países que conforman a Unión Europea. Un día para mostrar os logros que Europa alcanzou, e que todo traballo conxunto ten a súa recompensa no camiño cara a formación dun espazo común, máis sostible, integrador e adaptado á era dixital, que mellore a calidade de vida da cidadanía.
Na actualidade, grazas aos fondos europeos, os Concellos de Ferrol e Narón están a acometer a través da EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” distintos proxectos en ámbitos como as novas tecnoloxías, a mobilidade sostible, a eficiencia enerxética, a cohesión social ou a conservación do patrimonio histórico, cultural e natural das cidades, cuxa execución se estenderá ata o 2023.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal