Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORARÁ COA ASOCIACIÓN DALETH NO PROGRAMA "BOLBORETAS 5.0" SOBRE O EMPODERAMENTO DIRIXIDO A MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE
As concellerías de Benestar Social e Igualdade, presididas por Catalina García e Mar Gómez, respectivamente, implicaranse nesta iniciativa
Narón, 6 de maio de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, participou nunha reunión por videoconferencia con Elena Barco e Leticia Prada, da Asociación Daleth, para coñecer o programa "Bolboretas 5.0.” basado no empoderamento, motivación, acompañamento persoal, orientación e inserción socio-laboral. As áreas de Benestar Social e Igualdade, presidida esta última pola edil Mar Gómez, interesáronse por esta proposta, que contempla un total de quince sesións que se desenvolverán de xeito presencial e tamén vía telemática e con sesións individuais de acompañamento con cada usuaria. Este programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea e diríxese a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. García avanzou que se presentará o proxecto ás traballadoras sociais do Concello para que as veciñas de Narón que poidan acollerse participen no mesmo, no caso de consideralo oportuno. “A estrutura é por módulos, cun total de cinco nos que se abordarán temáticas como as emocións, os hábitos, o emprendemento, coaching, autoestima, desenvolvemento creativo, entrevista persoal, búsqueda de emprego, empoderamento e mediación intercultural, entre outros, co fin de abordar un amplo abano de aspectos que axuden ás mulleres no seu día a día”, explicou García. A edil naronesa recalcou que a través do programa "Bolboretas 5.0.” apóstase por "facilitar a inclusión social e laboral das mulleres a través da motivación persoal, na que se traballará con diferentes técnicas”. A programación comezará nas vindeiras semanas para rematar o programa, na que xa é a súa quinta edición, o vindeiro 30 de setembro. “Na actualidade das corenta e unha mulleres da comarca coas que traballan, tres son de Narón pero anunciáronnos que poderían ampliar en vinte persoas máis, polo que dende o Concello estudaranse os casos de mulleres que puidesen acollerse a este programa para no caso de que lles interese poidan implicarse activamente no mesmo”, apuntou García.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es