Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DESTINADOS AO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O Concello pon en marcha a iniciativa, que continuará mañá todo o día en varios establecementos de alimentación da cidade, xunto co Centro de Recursos Solidarios
Narón, 7 de maio de 2021. A campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello e a asociación Centro de Recursos Solidarios iniciouse esta mañá nas instalacións dos establecementos Lidl de A Gándara e O Boial. Así mesmo, tal e como recordou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, continuará esta mesma tarde, de 17.00 a 20.00 horas nos citados establecementos e tamén mañá sábado de 10.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 nos citados Lidl e no Froiz de Freixeiro, A Gándara, Santa Icía e O Alto; no Dia do Ponto, no Covirán de Xuvia, na cooperativa de Meirás, en San Mateo e na cooperativa do Val. Dende O Centro de Recursos Solidarios explicaron que no caso de ser posible as persoas que poidan donen leite enteira, aceite, galletas, garbanzos, fariña, azúcre, pasta, lentellas, cacao, conservas de todo tipo, produtos de hixiene persoal, de limpeza, do fogar e cueiros (tallas 4-5 e 6), por ser os que rexistran unha maior demanda. A través desta nova campaña ofrecerase axuda ás 160 familias que cada mes reciben alimentos e produtos de hixiene dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón. A edil de Benestar Social agradeceu de antemán todas as doazóns que as veciñas e veciños de Narón poidan facer para axudar ás familias máis vulnerables e destacou “a gran solidariedade que neste tipo de iniciativas amosa sempre a cidadanía de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal