Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA RECIBE Á ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN EOCONÓMICA DE NARÓN NUNHA VISITA PARA ANALIZAR MARCOS DE COLABORACIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, abordaron con Indalecio Seijo o potencial industrial de Narón e os avances en varios proxectos portuarios fundamentais para o desenvolvemento da comarca
Narón, 7 de mayo de 2021. O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Indalecio Seijo, recibiu esta mañá a visita institucional da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e do concelleiro de Promoción Económica da cidade, David Pita. Na xuntanza analizaron posibles marcos de colaboración entre os dous entes que redunden no desenvolvemento económico e social de la comarca. Durante o percorrido polas instalacións portuarias, o presidente detallou os avances en proxectos que son clave para a reactivación de Ferrolterra como o tren a Caneliñas ou a terminal de contenedores de Yilport. “Agradezo especialmente a visita da alcaldesa, porque, como dixen durante a miña toma de posesión e sempre que teño a ocasión reitero, vou facer todo o que esté na miña man para apoiar a recuperación económica de Ferrol e a súa comarca. E estou convencido que nesta tarefa todos os esforzos que sumemos serán necesarios”, comentou Indalecio Seijo, quen tamén destacou: “Narón amosou nos últimos anos unha vocación industrial que o levou a convertirse nun dos polos de atracción de importantes proxectos empresariais. Moitos deles teñen aos portos de Ferrol como unha infraestrutura fundamental para o desempeño do seu negocio e confiamos que nos vindeiros anos este vínculo non só se manteña, senón que se fortaleza”. Pola súa parte, a alcaldesa de Narón recalcou esa sintonía entre as dúas institucións para crear marcos de entendemento: “É a primeira visita institucional trala toma de posesión a finais do pasado ano de Indalecio Seijo como máximo responsable da Autoridade Portuaria de Ferrol e neste encontro manifestamos a vontade de traballar conxuntamente para chegar a acordos en beneficio tanto do porto como da cidade”. “Foi unha gran oportunidade para intercambiar impresións sobre diferentes proxectos portuarios, operadores, as obras do acceso ferroviario á dársena exterior para mellorar as conexións do porto e que, sen dúbida, virán a complementar o traballo que en materia industrial se realiza dende Narón, con tres polígonos industriais operativos”, indicou. E concluíu resaltando a disposición plena do Concello para impulsar a reactivación económica da zona. “Dende o Concello de Narón ofrecemos a máxima colaboración para calquera iniciativa que redunde nesa tan necesaria reconstrución económica e industrial das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e así o manifestamos na xuntanza mantida hoxe”, subliñou.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es