Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PARTICIPA NUN PROGRAMA PILOTO DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS PARA CONTROLAR AS COLONIAS FELINAS NA ZONA URBANA
O edil de Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, incidiu na importancia de controlar as colonias de gatos para estabilizalas, evitar a superpoboación e ofrecer máis garantías sanitarias
Narón, 10 de maio de 2021. O Concello participa a través da Mancomunidade de Concellos de Ferrol nun programa piloto para controlar as colonias felinas na zona urbana. O edil de Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que nesta iniciativa o Concello colabora coa Asociación Cometa, unha protectora autorizada coa que se está traballando dende hai uns meses na elaboración dun listado no que se rexistre cada unha das colonias de gatos que se localice. Galego indicou que tras esa primeira fase se contabilizaron unha vintena de colonias, cun total de algo máis de 150 felinos. “O seguinte paso, no que xa se comezou a traballar, pasa por levar a cabo unhas probas que nos permitirán materializar o programa de Captura, Esterilización e Solta (CES)”, avanzou. Así mesmo, en canto ao programa o edil naronés sinalou que “a idea é comezar a esterilizar por colonias de felinos por zonas, para deste xeito poder controlalas”. Outra fase deste proxecto sería identificar e autorizar ás persoas alimentadoras como responsables dunha determinada colonia, en función de todas as que se rexistren na zona urbana, para regularizar este labor. Galego participou hai uns días nunha xuntanza con persoal da Mancomunidade, da asociación Cometa, do refuxio de Mougá e tamén persoal que alimenta ás colonias felinas da cidade “para abordar o desenvolvemento do programa e definir novos avances en función do traballo que xa se realizou dende o inicio do mesmo”. O concelleiro naronés incidiu en que se trata dun asunto “que afecta directamente á salubridade, de aí a importancia do seu control porque o que se trata é de estabilizar esas colonias, evitar a superpoboación de felinos e, á súa vez, ofrecerlles mellores garantías sanitarias tamén aos animais”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal