Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROLTERRA PRESENTA UN ESTUDIO SOBRE SINALIZACION E SEGURIDADE NOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROLTERRA PRESENTA UN ESTUDIO SOBRE SINALIZACION E SEGURIDADE NOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS
Narón, 15 de Outubro de 2009.- A Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Angeles Díaz Pardo, e o presidente da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), Jose Ramón Franco, presentaron hoxe en rolda de prensa os tres estudios de sinalización dos polígonos industriais de Narón (Rio do Pozo, As Lagoas e A Gándara) e outro estudio sobre o sistema de seguridade nos parques empresariais.

O traballo realizado pola AEF sobre sinalización dos polígonos industriais ten como obxectivo “consolidar e potenciar o coñecemento das empresas implantadas nestos lugares”, tal e como sinalou Angeles Díaz. Para elo, deberá terse en conta a correcta identificación das parcelas e rúas nas sinais instaladas, ademáis de elaborar un plano que contenga tódolos elementos de sinalización, e os correspondentes paneles informativos.

O estudio destaca tamén a importancia dos colores na sinalización, propón a instalación de hitos de benvida e determina tres tipos fundamentais de placas: as informativas (situadas en áreas onde poidan estacionar os vehículos, e que conteñan unha lista alfabética das empresas e rúas do polígono), as nominativas (indican o nome das rúas), e as direccionais (orientan ata a saída do parque empresarial).

A Concelleira de Polígonos Industriais, Angeles Díaz, explicou que dende o Concello intentarase acometer a sinalización dos polígonos no vindeiro ano, para o cal terase en conta este estudio. A edila sinalou tamén a importancia de unificar a imaxe dos tres polígonos, o que suporá unha maior facilidade á hora da súa identificación. “No caso do polígono de A Gándara, deberemos poñernos de acordo con Ferrol xa que é un espazo que compartimos ambos concellos”, declarou.

Sobre a instalación do sistema de sinalización dos polígonos industriais, a Tenente de Alcalde e o presidente de AEF coincidiron en que o máis axeitado sería iniciar os traballos en Rio do Pozo, para levalos a cabo posteriormente en A Gándara (unha vez feitas as xestións co Concello de Ferrol) e As Lagoas (logo da reurbanización do polígono, actualmente en obras, e da reforma e ampliación da Estrada de Cedeira, en proxecto).

Dende AEF tense elaborado tamén un estudio sobre a seguridade integral dos polígonos industriais, baseado en dous tipos de vixilancia: tecnolóxica e física. Instalaríanse un sistema de videovixilancia cun centro de control, e por outra banda proponse a figura da Policía Local para patrullar os polígonos industriais. Con este sistema preténdese controlar o vandalismo e tamén o tráfico rodado.

Angeles Díaz declarou que este tema é xa máis complexo e que o primeiro paso que darase é a súa presentación á Policía Local para que realice un estudio e informe sobre o mesmo. A Concelleira de Polígonos Industriais lembrou ó respecto que dende o Concello tamén se mantiveron conversas coa Asociación Sociocultural de Minusválidos, quen tamén presentou unha proposta de patrulla dos polígonos. Ademáis lembrou que o goberno municipal tamén reuniuse co xefe da Policía Local de Narón e o Comisario da Policía Nacional para falar sobre este tema, deixando constancia da importancia que ten para o Concello.

Os estudios sobre a sinalización e seguridade vial nos polígonos industriais de Narón foron presentados hoxe formalmente por Rexistro no Concello. O presidente de AEF asegurou que o proxecto de vixilancia pódese autofinanciar nunha porcentaxe elevada, xa que existen numerosas empresas que estarían dispostas a pagar por este servizo.

A Concelleira de Polígonos Industriais agradeceu a AEF a súa iniciativa e inquedanza á hora de buscar solucións ás necesidades que se prantexan no plano empresarial. “Esta asociación, ó igual que as outras existentes en Narón –AECOFE, Asociación de Empresarios de As Lagoas, e Asociación de Empresarios de Rio do Pozo- son apoios importantes para esta concellería e a labor que teñe encomendada”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal