Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ UN CONCERTO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO ARTISTA ILDE DÍAZ PARA RECAUDAR ALIMENTOS E PRODUTOS DE LIMPEZA E HIXIENE PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A cita, na que o artista Ilde Díaz actuará xunto con dezasete artistas convidados, terá lugar o 27 de maio ás 20.30 horas
Narón, 14 de maio de 2021. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 27 de maio un concerto solidario para recaudar alimentos e produtos de hixiene para as familias máis vulnerables da cidade. As edís de Festas, Natalia Hermida, e Benestar Social, Catalina García, o responsable do Centro de Recursos Solidario de Narón, José Manuel González, e o músico, productor e compositor Ilde Díaz, presentaron o evento, que comezará ás 20.30 horas e para o que se repartirán entradas solidarias unha hora antes do inicio na billeteira do Pazo da Cultura. O aforo é de 300 persoas debido á actual situación sanitaria. A xornalista Lucía Rodríguez será a encargada de presentar o evento no que actuarán Pili Pampín, Luciana Abreu, Gustavo Nagykohi, Marcos Mella, Gustavo Almeida, Irene Caruncho, Nuria Fernández, Alexander Rodríguez, Romina Vázquez, Pedro Campos, Diana Tarín, Alejandra Pais, Macarena Tejada, Cuchús Pimentel, Marcos Valcárce, Fernando Couce e Guillermo Cuba. O impulsor desta iniciativa, Ilde Díaz, asegurou que “ningún artista nos cobra pola súa actuación” e valorou o feito de que se trata de “convidados moi recoñecidos no mundo da música e aos que fixen unha chamada para explicarlles que quería facer este evento en colaboración co Concello e dende o primeiro momento me dixeron que contase con eles, que lles dixese día e hora”. As persoas que desexen asistir deberán levar algún donativo, alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene persoal ou do fogar, recomendándose dende o Centro de Recursos Solidarios estes últimos, por ser os que actualmente dispoñen de menos existencias. Unha vez recollan a entrada solidaria na billeteira do Pazo, xa dentro das instalacións culturais haberá un espazo no que poderán entregar as doazóns, con persoal do Centro de Recursos Solidarios, a donde se levarán despois do concerto para distribuílas entre as familias máis vulnerables da cidade. “Eu non sei facer outra cousa que non sexa música e gustaríame axudar á xente que máis o precisa, polo que lle propuxen esta iniciativa ao Concello e involucráronse dende o primeiro día para ver como facelo”, recordou Díaz, que tamén agradeceu a colaboración das empresas que se sumaron a este concerto solidario. A edil de Festas, Natalia Hermida, agradeceu a iniciativa de Ilde Díaz e a aportación social que quere realizar a través da música”. Así mesmo, xunto coa concelleira de Benestar Social, Catalina García, agradeceu a participación dos artistas convidados e do Centro de Recursos Solidarios polo seu labor. Sobre o evento, García apuntou tamén que “Ilde e os artistas tamén sufren esta pandemia e farán un esforzo para axudar ás familias que máis o precisan”. Pola súa banda, o responsable do Centro de Recursos Solidarios agradeceu ao Concello e aos artistas a organización deste evento e a súa “sensibilidade para axudar ás familias máis vulnerables”. As persoas que acudan terán a oportunidade de asistir á estrea do tema “Y el mundo cambió”, de Ilde Díaz, que se gravará tamén ese mesmo día do concerto, en directo, en vez de nun estudo. Unha canción que, tal e como explicou, cobra sentido nestes tempos de pandemia que vivimos dende hai algo máis dun ano e que deron un xiro á sociedade a nivel mundial. O concerto solidario, no que os artistas convidados cantarán algún tema con Ilde Díaz, retransmitirase por streaming o vindeiro 4 de xuño. Dende a organización realizaron un chamamento para que acudan a esta cita solidaria todas as persoas que poidan colaborar para axudar ás persoas que están atravesando situacións de vulnerabilidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal