Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA PRETO DE 50.000 EUROS A REFORMAR O VIAL ENTRE OS LUGARES DE VILACORNELLE E SINDE, NA PARROQUIA DO VAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona da actuación para comprobar o avance dos traballos
Narón, 15 de maio de 2021. O Concello acomete no lugar de Vilacornelle, no Val, os traballos de reforzo de rodadura no camiño de Vilacornelle, unha actuación enmarcada no Plan de Mellora de camiños de titularidade municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para comprobar o avance da intervención. Ferreiro explicou que os traballos supoñen ás arcas locais un investimento que ronda os 50.000 euros, “unha contía que permitirá mellorar o pavimento deste vial entre Vilacornelle e Sinde e que inclúe tamén melloras nas zonas afectadas polas augas, limpezas…”. A rexedora local indicou que, tal e como se recolle no proxecto, as obras céntranse no treito intermedio das tres fases, ao ser o máis transitado, actuando tamén nas beiravías e cunetas para conseguir un ancho de vía de 3,5 metros coa nova capa de rodadura e aglomerado na maior parte do trazado. Este vial, tal e como recordou Ferreiro, foi anteriormente obxecto de varias actuacións de mellora debido a que rexistra unha elevada densidade de trafico, maiormente de vehículos agrícolas ao localizarse nas proximidades de varias explotacións hortofrutícolas e de gandeiría, así como vivendas. “Consideramos que é o momento de realizar neste vial unha intervención de maior calado, ao igual que faremos este ano en moitos outros viais da zona rural do municipio”, asegurou a alcaldesa. En canto á actuación, Ferreiro indicou tamén que os traballos se executarán na súa totalidade sobre terreo público, de titularidade municipal, polo que non haberá afeccións a particulares. A obra completarase coa limpeza de noiros e cunetas existentes, se ben se reabrirán novas cunetas nos tramos nos que sexa necesario, e coa sinalización pertinente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal