Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA UNHA NOVA PRAZA NA RÚA 25 DE XULLO, NO BARRIO DO ALTO
Dispón de xogos para discapacitados, bancos e mesas para merendar e unha canasta de baloncesto
Narón, 16 de Outubro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e representantes municipais do goberno e da oposición acudiron hoxe á inauguración oficial da Praza 25 de Xullo –situada na rúa que leva o mismo nome- no Alto do Castiñeiro. O novo espazo público consta dunha superficie de 2.200 metros cadrados nos que se investiron un total de203.942,76 euros procedentes do Fondo Local de Inversión (Plan E). As obras foron realizadas pola empresa Jardinería Arce durante un prazo de nove semanas, e como resultado final xurdiu un parque infantil con catro elementos de xogo, unha zona axardinada (con setos, tullas e diversas especies arbóreas), unha canasta de baloncesto, alumeado (20 farolas) e mobiliario urbán (9 bancos, 4 papeleiras e 2 measa con bancos) ademáis dunha fonte de auga potable con billa. Logo de descubrir unha placa co seu nome e a data da inauguración da praza, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, declarou que dende o Concello “seguimos coa nosa promesa de habilitar zonas verdes en todo o municipio”. O rexedor lembrou que esta é a terceira praza pública que se inaugura nos últimos dous meses e que as actuacións continuarán noutros puntos do municipio xa que “queremos poñer en valor tódolos barrios do concello”, dixo. O Alcalde e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, coincidiron en suliñar que esta praza é idónea tanto para nenos coma para persoas maiores. A concelleira de Promoción Económica destacou a presenza de xogos infantís para discapacitados na nova praza, o cal “constituía unha necesidade para o noso concello”, dixo. Ademáis, animou a tódolos veciños de Narón a disfrutar do novo espazo público “que dispón de zonas onde sentarse e tamén lugares de sombra”. Díaz destacou a boa situación deste novo punto de encontro, colindante ó Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón. Á inauguración da Praza 25 de Xullo tamén asistiron os concelleiros de Obras (Carlos Ramil), Servizos (Pablo Mauriz), Protocolo (Paloma González), Deportes (Natalia Hermida) e Persoas Maiores (Mª del Carmen Espada).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal