Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ANUNCIOU INVESTIMENTOS NA ZONA URBANA E RURAL DA CIDADE POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 7,4 MILLÓNS DE EUROS
A ALCALDESA ANUNCIOU INVESTIMENTOS NA ZONA URBANA E RURAL DA CIDADE POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 7,4 MILLÓNS DE EUROS
Marián Ferreiro destacou o feito de poder ofrecer novos servizos á cidadanía e mellorar outros, ao tempo que se constribúe dende a administración á reactivación económica
Narón, 20 de maio de 2021. O Concello de Narón levará ao pleno de finais deste mes, o vindeiro día 27, un expediente de modificación de crédito por importe de 7.406.040 euros. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asegurou que se trata “dunha contía moi importante procedente de remanentes de Tesourería que nos permitirá levar a cabo novos proxectos tanto na zona urbana como na rural e tamén continuar avanzando en materia de eficiencia enerxética, accesibilidade, mellora de viais e ampliación da rede de saneamento, entre outros”. Así mesmo, recordou que “no momento de presentar o orzamento municipal deste ano xa avanzamos que o capítulo de investimentos se ía incrementar considerablemente no primeiro semestre deste ano, un feito que é xa unha realidade e que completará as importantes actuacións a levar a cabo durante os vindeiros meses na cidade”. Ferreiro recalcou que “estes investimentos reafirman o compromiso da administración local por reactivar a economía".
En canto aos novos proxectos Ferreiro destacou unha partida de 718.976 euros para a humanización da rúa da Solaina, a segunda fase da senda entre a avenida Miguel de Cervantes e a rúa Conde de Fenosa – 501.566-, a construción dunha piscina na parroquia do Couto -532.763 euros-, a cuberta do parque infantil 23 de Novembro e a renovación do espazo -243.934-, o reacondicionamento do campo de tiro con arco -239.000- a reserva dunha partida para a adquisición do muíño de As Aceas -220.000-, a habilitación de aparcadoiros de proximidade na Gándara e en Piñeiros -215.973- a habilitación dunha zona de xogos de auga en Xuvia -215.901-, e a renovación do céspede artificial do campo de fútbol do Cadaval -189.711- e a habilitación dunha pista de lanzamentos no estadio de Río Seco -76.498-, entre outros. Tamén destacou a alcaldesa a habilitación dunha partida de 131.250 euros para axudas de emerxencia e comedor social destinado ás persoas máis vulnerables.
A maiores, tal e como indicou a alcaldesa, tamén se levarán a cabo actuacións que permitirán urbanizar a zona do camiño Peregrino -207.059 euros- e dúas rúas de nova apertura, unha entre a Celso Emilio Ferreiro e a avenida Cataluña -104.883- e outra perpendicular á rúa San Carlos -75.368-. A todas estas actuacións para mellorar a rede viaria e a interconexión de barrios na cidade sumarase tamén un investimento de 900.678 euros para a reparación de pavimentos e o reforzo de rodadura en camiños de varias parroquias da zona rural da cidade, segundo avanzou a rexedora local. Así mesmo, para complementar as intervencións proxectadas no núcleo urbán tamén se reservan 597.427 euros para o mantemento de servizos de seguridade viaria tamén na zona urbana (Lóngaras, Camiño da Torre, Catro Camiños, Revolta, Wenceslao Fernández Flórez, Ortega e Gasset, entre outras e habilitarase unha plataforma única nas rúas Espronceda e Luis de Góngora -277.900 euros-. En canto ás zonas verdes, entre outras intervencións, reservouse unha partida de 102.342 euros para repoñer o caucho en varios parques do termo municipal.
“A materialización destes proxectos permitirá ofrecer ás veciñas e veciños da nosa cidade novos servizos e mellorar outros existentes, así como infraestruturas”, recalcou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal