Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PARTICIPOU ESTA SEMANA NOS ACTOS DE PROMOCIÓN DO XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS EN FITUR
A ALCALDESA PARTICIPOU ESTA SEMANA NOS ACTOS DE PROMOCIÓN DO XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS EN FITUR
Marián Ferreiro destacou a posta en valor do potencial que ofrecen os concellos da comarca e a súa importancia de cara a dinamizar o turismo e a economía
Narón, 21 de maio de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta semana á 41ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, xunto con outros rexedores locais dos concellos que integran a Mancomunidade para promocionar o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas. Ferreiro incidiu na importancia desta convocatoria “como elemento dinamizador do sector turístico e de recuperación económica desta actividade, tamén moi afectada no último ano pola situación sanitaria”. Así mesmo, destacou que este evento representa “todo un escaparate para poder amosar a riqueza natural, patrimonial e cultural, e en definitiva todo o potencial que ofrecen os concellos da comarca”.
O xeodestino Ferrolterra-Rías Altas apostou por dar a coñecer a ampla oferta turística en zonas nas que poder estar en contacto directo coa natureza, destacando o Camiño a San Andrés de Teixido –cun vídeo promocinal que se puido ver en Fitur- e o Inglés cara a Compostela, en ambos casos cunha parte do trazado que discurre polo municipio naronés e outros da comarca, os acantilados, as praias...
A alcaldesa de Narón destacou “a importancia de que todos os concellos da Mancomunidade esteamos traballando conxuntamente para potenciar o sector turístico e dar a coñecer todos os recursos dispoñibles e tamén a oferta de ocio para un turismo de carácter familiar e que aposta por zonas menos masificadas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal