Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONSELLOS TERRITORIAIS CELEBRARANSE ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DE O VAL, SAN MATEO E SEDES
OS CONSELLOS TERRITORIAIS CELEBRARANSE ESTA SEMANA NAS PARROQUIAS DE O VAL, SAN MATEO E SEDES
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a participar nestas convocatorias que rematarán o vindeiro mes de xuño
Narón, 24 de maio de 2021. As parroquias de O Val, San Mateo e Sedes acollerán esta semana os Consellos Territoriais que se celebran dende o pasado 10 de maio no termo municipal. A edil de Participación Cidadá, Catalina García, presidirá estas convocatorias, que se retoman esta tarde ás 19.30 horas no local social do Val e que continuarán o mércores 26 na Escola de San Mateo e o venres 28 no local social de Sedes, nos dous últimos casos a partir das 19.00 horas.
García destacou a participación nos Consellos Territoriais celebrados a pasada semana no Alto e en Pedroso, donde a maiores de entidades veciñais e asociacións participaron tamén algunhas veciñas e veciños a título particular. Unha vez máis, tal e como recordou a edil naronesa, informouse aos asistentes sobre a modificación do Regulamento de Participación Cidadá, a actualización dos representantes do Consello Xeral e tamén sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), ao que se poden presentar propostas –ata o 18 de xuño na actual fase do procedemento- a través da plataforma municipal Narón Participa: https://www.naronparticipa.es/.
Nos Consellos Territoriais celebrados a pasada semana abordáronse temas como a accesibilidade, a necesidade de recuperar frecuencias no servizo de transporte ferroviario, a cobertura de internet na zona rural e tamén, no caso de Pedroso, a viabilidade de reabrir a Escola infantil, cuestións vencelladas a administracións supramunicipais e empresas ás que se lles dará debido traslado destas peticións.
A concelleira de Participación Cidadá animou á veciñanza “a continuar asistindo a estas convocatorias e solicitar no caso de ser preciso a axuda da Escola de Participación Cidadá de Narón para poder presenciar as sesións vía telemática, porque debido ás actuais restricións a asistencia presencial é limitada”. As persoas que queiran contactar coa Escola de Participación poden facelo a través do número de teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal