Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UN MILLAR DE ALUMNAS E ALUMNOS DAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS DO PADROADO INICIARON HOXE AS ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO CON MÚSICA E BAILE NAS PRAZAS DA CIDADE
UN MILLAR DE ALUMNAS E ALUMNOS DAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS DO PADROADO INICIARON HOXE AS ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO CON MÚSICA E BAILE NAS PRAZAS DA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, estivo esta mañá á Praza de Galicia para ver a un grupo de alumnado da escola de zanfona
Narón, 25 de maio de 2021. A Praza de Galicia acolleu esta mañá, de 10.30 a 12.00 horas, a primeira das actividades enmarcadas no programa “Música e baile nas prazas”, co que se celebrará o final de curso das Escolas do Padroado da Cultura. A alcaldesa e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro, achegouse esta mañá á citada ubicación para ver parte do traballo realizado polo alumnado das clases de zanfona, que tocaron hoxe para a veciñanza da cidade. “Unhas mil persoas acudiron este curso a algunha das escolas do Padroado da Cultura, nas que debido á situación sanitaria nos fomos adaptando ás medidas preventivas que se indicaban en cada momento, con clases ao inicio vía telemática e despois en grupos reducidos que permitiron manter a actividade todo o curso”, recordou Ferreiro.
As actuacións programadas nas prazas da cidade continuarán desenvolvéndose durante os vindeiros días, ata o luns 31.Hoxe mesmo terá lugar outra de zanfona na Praza da Solaina –a partir das 18.15 horas-; unha de pandeireta na Praza da Lectura -19.30-, unha de baile tradicional na Praza 23 de novembro -21.00 horas- unha de baile tradicional na Praza da Gándara -17.00- e outra nesta última praza de gaita e percusión -21.00-, no paseo de Xuvia unha de baile tradicional -16.00- e outra de gaita e percusión -20.00-, na Praza Álvaro Paradela unha de pandeireta -18.00- e unha de gaita e percusión -19.00- e no Pazo da Cultura (no exterior tamén) estará alumnado do obradoiro de Construción de instrumentos -17.00-.
Así mesmo, mañá serán as de debuxo -16.30- e pandeireta -19.00- na Praza de Galicia, a de pandeireta -20.30- na Praza da Solaina, as de zanfona -10.00- e bailes caribeños -20.00- na Praza da Lectura, a de zanfona -17.00- na Praza 23 de Novembro, a de pandeireta -19.15 e 20.30- na Praza da Gándara e no paseo de Xuvia –neste caso a partir das 16.30 horas-, a de bailes caribeños -18.30- na Praza Álvaro Paradela e a de O Recuncho dos Pequechos -16.30- no exterior do Pazo.
“As convocatorias centraranse en oito ubicacións distintas da zona urbana, en todos os casos no exterior, e nas mesmas as veciñas e veciños da cidade, ou doutros concellos que se acheguen a estas localizacións, terán a oportunidade de ver o traballo que ao longo deste curso realizou o alumnado das Escolas Culturais do Padroado da Cultura”, apuntou Ferreiro. A maiores das modalidades programadas para hoxe tamén haberá nos vindeiros días sesións das Escolas de debuxo, bailes caribeños, danza coreográfica, bailes de competición, acordeón, baile de salón infantil e da actividade O Recuncho dos Pequechos.
Ferreiro indicou que “este ano, debido á situación sanitaria, foi un curso un pouco atípico pero no que grazas á colaboración do alumnado, o profesorado e as familias se puido continuar traballando para avanzar nas diferentes materias”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal