Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS 470 PERSOAS PARTICIPARON NA ENQUISA EN LIÑA DO ESTUDO "CONCILIACIÓN EN TEMPOS DE COVID-19"
UNHAS 470 PERSOAS PARTICIPARON NA ENQUISA EN LIÑA DO ESTUDO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, agradeceu a implicación dos participantes e avanzou que o resultado final do estudo se presentarase a finais do vindeiro mes de xuño
Narón, 25 de maio de 2021. Un total de 467 persoas participaron no estudo “Conciliación en tempos de covid-19” impulsado dende o Concello cubrindo unha enquisa en liña na que tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia de conciliación durante a pandemia. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que “nestes momentos estamos traballando na segunda fase deste proxecto” e avanzou que xa se convocou un grupo de debate con alumnado do colexio Ponte de Xuvia e tamén outro con familias do alumnado no Centro Cívico Social de Xuvia.
García avanzou que o vindeiro 31 de maio está programado un último grupo de debate desta iniciativa no que participarán familias do barrio da Solaina. “O obxectivo destes faladoiros é coñecer de primeira man os relatos da situación que viviron as veciñas e veciños de Narón, tanto adultos como menores, e tamén a que seguen a vivir neste proceso no que nos atopamos de regresar pouco a pouco á normalidade”.
A edil naronesa agradeceu a colaboración de todas as persoas que están participando nas actividades organizadas a través do estudo “Conciliación en tempos de covid-19” e indicou que a finais do vindeiro mes de xuño presentaranse os resultados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal