Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTE XOVES O CONCERTO SOLIDARIO PARA RECADAR ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
O PAZO ACOLLERÁ ESTE XOVES O CONCERTO SOLIDARIO PARA RECADAR ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
O Concello colabora na organización deste evento solidario para axudar ás familias máis vulnerables da cidade
Narón, 25 de maio de 2021. O Pazo da Cultura acollerá este xoves, día 27, o Concerto solidario organizado polo artista e productor Ilde Díaz en colaboración co Concello para recadar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. A cita comezará ás 20.30 horas e previamente, a partir das 19.30 comezaranse a entregar no despacho de billetes do Pazo as entradas solidarias para poder asistir. As persoas que acudan deberán entregar no momento de entrar ao Pazo alimentos ou produtos de hixiene.
Dende a organización agradeceuse novamente a colaboración de todas as persoas que farán posible este evento e que acudirán de balde tanto a presentar, como é o caso da xornalista Lucía Rodríguez, como a actuar. O público poderá escoitar temas de recoñecidos artistas como Pili Pampín, Luciana Abreu, Gustavo Nagykohi, Marcos Mella, Gustavo Almeida, Irene Caruncho, Nuria Fernández, Alexander Rodríguez, Romina Vázquez, Pedro Campos, Diana Tarín, Alejandra Pais, Macarena Tejada, Cuchús Pimentel, Marcos Valcárce, Fernando Couce e Guillermo Cuba. Entre o variado repertorio musical desta convocatoria o público tamén asistirá á estrea do tema “Y el mundo cambió”, de Ilde Díaz, que se gravará en directo no Pazo, en lugar de nun estudo de música. Esta canción, tal e como avanzara Díaz, cobra sentido nestes tempos de pandemia que vivimos dende hai algo máis dun ano e que deron un xiro á sociedade a nivel mundial. Así mesmo, o concerto retransmitirase por streaming o vindeiro 4 de xuño.
Os organizadores animaron a participar a todas aquelas persoas que poidan colaborar para axudar coas doazóns recibidas ás veciñas e veciños da cidade que están atravesando situacións de vulnerabilidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal