Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
NARÓN E NEDA ACOLLERÁN O 5º FESTIVAL "JAZZ DE RÍA"
NARÓN E NEDA ACOLLERÁN O 5º FESTIVAL
Os dous concellos acollerán este evento cultural os días 13 e 14 de agosto cunha programación que se presentará en breve e que volverá a apostar pola calidade e a diversidade
Naron, a 26 de maio de 2021. O jazz voltará a unir dous concellos da ría. Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, onde o festival sementou durante catro edicións o amor polo jazz entre o público de todas as idades, o Jazz de Ría viaxa nesta 5ª edición á descuberta de novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar en breve unha programación que volverá apostar pola calidade, a diversidade, a posta en valor do patrimonio e do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artísticas galegas. O venres 13 e o sábado 14 de agosto a ría volverá vibrar co mellor jazz galego.
O Festival Jazz de Ría celebrará a súa 5ª edición os días 13 e 14, defendendo unha vez máis a excelente calidade do jazz galego e o valor do territorio como estratexia para convertir á comarca de Ferrolterra nun lugar de referencia cultural e turística. Este ano o festival segue percorrendo a ría na procura de novos espazos patrimoniais para descubrir e poñer en valor a través de experiencias musicais arredor do jazz que, como xa se demostrou en Mugardos e Ferrol nas anteriores edicións, son capaces de atraer e interesar ano tras ano ao público adulto, e tamén de crear escola entre os máis novos sementando neles o gusto polo jazz e contribuíndo a crear novos públicos para este xénero que conta con grandes propostas artísticas en Galicia.
Neste sentido, o festival seguirá apostando por unha programación de jazz galego e de vangarda, que será desvelada en breve e que unha vez máis vai poñer a Ferrolterra como punto de referencia dentro do circuito de festivais de jazz da península. En só catro edicións o Festival Jazz de Ría ampliou notablemente o seu público e a súa repercusión mediática cunha proposta singular en canto a espazos e músicas, que foi nomeado na categoría de Mellor Festival na edición 2018 dos Premios Martín Códax da música.
A 5ª edición do Jazz de Ría vai ser posible grazas ao apoio e implicación do Padroado da Cultura de Narón, o Concello de Narón e o Concello de Neda. As dúas administracións locais manifestaron a súa vontade de consolidar o festival e convertelo nunha cita musical de referencia, onde poidan participar todos os concellos da ría co obxectivo de crear espazos e proxectos culturais que contribúan a fomentar a colaboración entre concellos para facer de Ferrolterra un polo cultural diferenciado.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal