Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APAGARÁ O 5 DE XUÑO AS LUCES DA FACHADA DO PAZO PARA SUMARSE AO PROXECTO "PEOPLE&PLANET"
O proxecto está impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
Narón, 27 de maio de 2021. O Concello de Narón adheriuse ao proxecto “People&Planet”, impulsado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o vindeiro sábado, 5 de xuño, a través desta iniciativa levarase a cabo un apagón ambiental no que participarán varios municipios, entre eles o naronés, e algunha Deputación, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García. A edil naronesa avanzou que o edificio elixido para participar nesta convocatoria é o Pazo da Cultura, donde se apagarán a noite do 5 de xuño as luces que iluminan a fachada exterior para sumarse ao proxecto “People&Planet”. Os responsables das concellerías de Benestar Social, Catalina García, Ensino, Mercedes Taibo, e Medio Ambiente, Santiago Galego, trasladaron esta mañá na Xunta de Goberno Local a proposta de apagar a iluminación deste edificio municipal. Así mesmo, García explicou que o Concello colaborará tamén a través do Fondo Galego, ao estar asociado a este organismo, nunha campaña para a adquisición de xiringas destinadas á vacinación contra a Covid-19 en Cuba. Dende o Fondo Galego avanzaron que están a piques de acadar dous millóns de xiringas, sendo o obxectivo final chegar aos dez millóns de unidades a nivel europeo. Recordaron tamén que é posible colaborar a título particular ou colectivo, a través do número de conta ES42 1550 0001 2900 0350 9221 habilitado pola ONGD Sodepaz, debendo indicar no ingreso o concepto “jeringuillas”. García explicou que con cada euro achegado se poderán realizar doce vacinacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal