Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICA AS LISTAXES DEFINITIVAS DE MENORES ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as listaxes poderán consultarse na web do Concello
Narón, 28 de maio de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a publicación, hoxe, das listaxes definitivas dos menores admitidos –de novo ingreso- nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2020-2021. As persoas que desexen consultar esa listaxe poderán facelo dende esta tarde a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/ ou poden tamén chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111). En total, 94 nenas e nenos poderán matricularse por vez primeira nalgunha das tres Escolas Infantís Municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para o curso 2020-2021. No caso dos menores nados en 2019 resultaron admitidos 35, dos que 8 solicitudes son para A Gándara, 12 para Piñeiros e as 15 restantes para A Solaina. Das 48 nenas e nenos nados en 2020 e admitidos para o vindeiro curso un total de 22 irán ao centro da Gándara, 13 ao da Solaina e 13 a Piñeiros e finalmente, dos nados este ano, de 11 menores admitidos, 3 irán para Piñeiros, 5 para A Solaina e os outros 3 para A Gándara, tal e como figura nas respectivas listaxes. Taibo explicou que “os menores que solicitaron reserva de praza no mes de febreiro, os que asistiron xa este curso ás escolas infantís municipais, están todos admitidos”. En canto ás novas incorporacións de cara ao vindeiro curso indicou que dende os propios centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros se porán en contacto con cada unha das familias para proceder a formalizar a matrícula”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal