Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECADADOS 475 QUILOS DE ALIMENTOS PRODUCTOS DE HIXIENE NO CONCELLO SOLIDARIO CELEBRADO ONTE NO PAZO
Dende a organización agradeceron a implicación das persoas que participaron e fixeron posible este evento e tamén de todas aquelas que acudiron como público
Narón, 28 de maio de 2021. As persoas que acudiron onte ao Concerto solidario celebrado no Pazo da Cultura entregaron, en total, 475,50 quilos de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene que se destinaron ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. O artista Ilde Díaz organizou este evento, en colaboración co Concello e o Centro de Recursos Solidarios de Narón e que presentou a xornalista Lucía Rodríguez. Actuaron recoñecidos artistas como Pili Pampín, Luciana Abreu, Gustavo Nagykohi, Marcos Mella, Gustavo Almeida, Irene Caruncho, Nuria Fernández, Alexander Rodríguez, Romina Vázquez, Pedro Campos, Diana Tarín, Alejandra Pais, Macarena Tejada, Cuchús Pimentel, Marcos Valcárce, Fernando Couce e Guillermo Cuba, que interpretaron varios temas durante o tempo que durou o concerto. Dende a organización agradeceuse a implicación de todas as persoas que onte se subiron ao escenario e tamén daquelas que estiveron traballando para que todo estivese a punto para que se desenvolvese con éxito. Así mesmo, tanto Díaz como os representantes do goberno local e do Centro de Recursos valoraron as doazóns realizadas polas persoas que acudiron ao concerto e outras de persoas que aínda non podendo ir se achegaron a realizar algunha aportación para axudar ás familias máis vulnerables da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal