Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS EDICIÓNS DUN CURSO SOBRE "MONTAXE DE ESTADAS MULTIDIRECCIONAIS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que se trata dunha acción formativa dirixida a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón
Narón, 29 de maio de 2021. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, o vindeiro luns, nun curso de Montaxe de estadas multidireccionais, do que se impartirán dúas edicións, de 140 horas cada unha delas. A edil naronesa explicou que se trata dunha acción formativa do Programa municipal de Formación que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. “Continuamos avanzando no Programa municipal de Formación, ofrecendo ás nosas veciñas e veciños novos cursos para que estean o máis formados posible para acceder ao mercado laboral”, asegurou Hermida. O número de prazas é de 12 persoas por cada unha das edicións e as clases impartiranse de luns a venres, entre as 9.00 e as 15.00 horas, segundo as previsións iniciais, nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. A primeira edición desta acción formativa desenvolverase do 14 de xuño ao 19 de xullo deste ano e a segunda do 20 de xullo ao 20 de agosto. Hermida indicou que “é moi importante que as persoas que soliciten este curso indiquen na solicitude a edición de preferencia”. Os conceptos básicos da prevención de riscos, equipo humano, proteccións e ferramentas; a comprensión do plan de montaxe, desmonte ou transformación das estadas; os tipos de estadas; actividades necesarias para asegurar a estabilidade e solidez das estadas; Prevención de riscos laborais; Montaxe de estruturas tubulares, traballos en altura e en espazos confinados, primeiros auxilios, manexo de DESA e outros aspectos preventivos forman parte dos contidos que se abordarán neste curso. As solicitudes poderán presentarse dende o vindeiro luns, día 31 de maio ás 8.30 horas ata o 7 de xuño ás 13.00 horas. No caso de presentalas no Rexistro do Concello de xeito presencial o horario será o día 31 de maio de 8.30 a 13.30 e, con motivo da aplicación do horario de verán, dende o martes día 1 ata o 7 de xuño de 8.30 a 13.00. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro ata esgotarse as prazas de cada edición e no caso de esgotarse as prazas na edición de preferencia indicada na solicitude pasarase a participar na outra edición. O listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello e o alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión para confirmar a praza. As persoas que desexen recibir máis información poden facelo a través da web do Concello de Narón ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal