Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA RUTA POLOS PARQUES BIOSALUDABLES
Un monitor ensinará ós maiores a forma de sacar maior proveito ós aparellos de ximnasia de mantemento
Narón, 21 de Outubro de 2009.- Os Concelleiros de Sanidade e Persoas Maiores de Narón, Ramón Padín e Mª del Carmen Espada respectivamente, presentaron hoxe en rolda de prensa a ruta polos parques biosaludables que se levará a cabo durante as vindeiras semanas en Narón. Esta actividade forma parte do programa CONSANAR da Concellería de Sanidade, que se desenvolve durante este ano e que fai incapé nun dos seus apartados na promoción da actividade física e dos hábitos saudables. Para acadar estos obxectivos, o Concello enviará un monitor a cada un dos catro parques biosaludables (ubicados en A Solaina, A Gándara, Piñeiros e na Praza de Galicia -O Alto-) que realizará clases prácticas sobre a utilización dos elementos de xogo, durante unha hora e dirixida ás persoas maiores. Estos aparellos permiten realizar exercicios de mantemento das extremidades superiores, inferiores e do tronco, mediante o pedaleo, xiro de cintura e mobilización de brazos e pernas. A Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, lembrou que Narón foi o concello pionero na comarca de Ferrolterra á hora de instalar este tipo de parques biosaludables, inaugurando o primeiro no ano 2007 en A Gándara. O cronograma da ruta polos parques biosaludables é o seguinte: A SOLAINA: días 26 de outubro, e 2, 9 e 16 de novembro (luns) A GÁNDARA: días 27 de outubro, e 3, 10 e 17 de novembro (martes) PIÑEIROS: días 28 de outubro, e 4, 11 e 18 de novembro (mércores) O ALTO: días 29 de outubro, e 5, 12 e 19 de novembro (xoves) As clases prácticas realizaranse sempre no mesmo horario, de 11:00 a 12:00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal