Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRABALLA NO RESTABLECEMENTO DO SERVIZO DE ALUMEADO PÚBLICO EN DOSO INOPERATIVO TRAS UN ROUBO DE MATERIAL
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, denunciou un roubo nun cadro eléctrico a pasada fin de semana, que ocasionou este problema á veciñanza
Narón, 31 de maio de 2021. O Concello está realizando dende o departamento municipal de Servizos os traballos necesarios para restablecer o servizo de alumeado público na parroquia de Doso. O concelleiro responsable da área, Ibán Santalla, denunciou que a pasada fin de semana se roubaron parte do cadro eléctrico ubicado no camiño do Pouso Vello, motivo polo que levan varias horas na parroquia sin alumeado público. Santalla denunciou os feitos “que supoñen un prexuízo para a veciñanza da parroquia que queda sen alumeado e tamén un gasto ás arcas municipais” e asegurou que “manteremos e reforzaremos a vixilancia policial ao tempo que se trata de localizar á persoa ou persoas que roubaron o material e que serán debidamente sancionados”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal