Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EDIL DE MEDIO AMBIENTE MANTIVO UNHA XUNTANZA CON PERSOAL DE MEDIO RURAL PARA ANALIZAR O PROBLEMA DUNHA PRAGA DE MOSCAS NO VAL
Un biólogo da Xunta desprazarase á parroquia do Val para analizar a situación, tal e como indicou o concelleiro Santiago Galego
Narón, 31 de maio de 2021. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, mantivo o pasado sábado unha reunión con representantes da Asociación de Veciños do Val debido á existencia dunha praga de moscas que nos últimos días acusan nos lugares de A Quinta, Carballeda, Penelas e Lobeiro. Á vista da situación o edil reuniuse esta mesma mañá con responsables da Consellería de Medio Rural e axentes ambientais para analizar a problemática, sobre a que tal e como indicou, se está realizando un seguemento diario. Galego indicou que “polo momento descoñécese o foco deste problema e para localizalo é tamén moi importante a colaboración cidadá, polo que as veciñas e veciños das zonas afectadas que poidan ver algo sospeitoso, como unha finca donde ultimamente vexan moitos paxaros ou calquera outro indicador do foco das larvas debe alertar á Policía Local para tratar de erradicar canto antes esta situación”. O edil naronés subliñou que “nos últimos días o problema está incrementándose e chega a tal punto que non poden abrir as fiestras nin as portas para evitar que entren nas casas, unha tarefa que se complica día a día”. Galego asegurou que “dende o Concello continuaremos realizando un seguemento deste problema cada día para identificar donde está o foco de larvas e poder actuar sobre o mesmo” e avanzou que “estamos pendientes, tal e como se indicou na reunión de hoxe, de que un biólogo da Xunta se desprace á cidade para analizar a situación”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal