Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPULSA A RUTA CANTÍS DE NARÓN
O CONCELLO IMPULSA A RUTA CANTÍS DE NARÓN
Unha ollada xeolóxica e biolóxica polos cantís de Narón
Narón, 02 de xuño de 2021. Os edís de Promoción económica, David Pita, e Medio ambiente, Santiago Galego, presentaron esta mañá, acompañados do xeólogo Francisco Canosa, unha nova actividade, a Ruta “Cantís de Narón”, enmarcada no proxecto do Golfo Ártabro Norte incluido no Concello como “Narón aberto ao mar”. Pita informou que a actividade se realizará en dúas visitas os días 12 e 20 de xuño pola zona litoral de Narón co obxectivo de promover o coñecemento xeolóxico e biolóxico dos cantís de Narón, analizando as peculiaridades do litoral do noso municipio no que tamén é importante a actividade económica relacionada co percebe e outras especies marinas, nun percorrido de aproximadamente 8 kilómetros, cunha parada a mitade da ruta. O edil recordou a participación da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nesta actividade organizada polo Concello.
A primeira saída, o día 12 de xuño ás 10.00 horas da mañá, partirá da Pena Molexa, na parroquia de O Val, con volta ás 16.00 horas. A data de preinscrición para participar nesta visita finalizará o día 11 de xuño ás 00.00 horas. A segunda saída, o día 20 de xuño ás 10.00 horas da mañá, partirá tamén da Pena Molexa con volta ás 16.00 horas. A data de preinscrición para participar nesta visita finalizará o 18 de xuño ás 00.00 horas. A ruta ten unha dificultade media e contará coa dirección do xeólogo Francisco Canosa.
Galego incidiu na importancia de coñecer e potenciar este patrimonio natural que temos en Narón xa recoñecido como Rede Natura 2000 e que moitas persoas están a descubrir como consecuencia do aumento das actividades de paseos ao aire libre pola contorna nestes tempos de restricións en viaxes a consecuencia da crise sanitaria da Covid-19.
Os edís de Promoción económica e Medio Ambiente animaron aos veciños e veciñas de Narón a que asistan a esta ruta porque se sorprenderán do rico patrimonio natural que aí temos. Canosa agradeceu ao Concello o convite a participar nesta actividade na que se pretende que a xente coñeza dende un punto diferente o litoral de cantís que temos en Narón e que alberga un destacado patrimonio xeolóxico que conta cuns aspectos biolóxicos que enriquecerán o percorrido por esta costa tan espectacular que ten o municipio achegando, entre outros lugares, a carón da illa Lopesa. Ao longo da ruta as persoas participantes contarán con explicacións de forma sinxela e didáctica do máis relevante que se vaian atopando.
As persoas interesadas realizarán a súa preinscrición no correo electrónico: m.ambiente@naron.es



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal