Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REPARTIU OS COMPOSTEIROS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA RURAL QUE PARTICIPARÁN NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA
O CONCELLO REPARTIU OS COMPOSTEIROS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA RURAL QUE PARTICIPARÁN NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou de que aínda queda algún composteiro dispoñible para a veciñanza do rural interesada en participar
Narón, 3 de xuño de 2021. Veciñas e veciños da zona rural que participarán na campaña de compostaxe domiciliaria, preto dun centenar de persoas, dispoñen xa dos seus composteiros. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que os medios materiais que se facilitaron aos participantes son de balde e agradeceu a implicación dos participantes e o interese amosado nesta campaña nas xornadas informativas que se celebraron tanto nas parroquias do Val, San Xiao e Sedes como no Auditorio municipal, estas últimas esta mesma semana.
Na convocatoria celebrada no Auditorio o pasado martes ademais de procederse á entrega dos composteiros, monitores ambientais especialistas na materia ofreceron aos asistentes unha serie de pautas encamiñadas á axeitada transformación da materia orgánica en compost. “Trátase dunha campaña a través da que se ensinará ás veciñas e veciños do rural a dar unha saída aos residuos orgánicos que se xeneran a diario nos fogares e de evitar que eses restos cos que se poden facer compost para empregar por exemplo como fertilizante acaben en contenedores que non son específicos para ese fin”, indicou Santalla. Ao respecto o edil avanzou tamén que coa próxima entrada en vigor do novo contrato do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns instalaranse na cidade contenedores de cor marrón, nos que se poderán depositar restos de comida, de plantas, herbas…”.
En definitiva, tal e como recalcou o edil de Servizos, “apostamos por mellorar a eficacia da recollida selectiva mediante a separación previa da materia orgánica en orixe, reducindo deste xeito tamén o volumen de residuos que debe recoller o ente municipal”.
As persoas inscritas que non pasaron a recoller o composteiro recibirán unha chamada telefónica para confirmar se seguen ou non interesados en participar. No caso de querer facelo concertarase unha cita con eles para entregar os composteiros. A maiores, tal e como indicou o edil, tamén poderán anotarse as persoas da zona rural da cidade ata esgotar o número de composteiros, escribindo un correo electrónico á dirección: naron@naron.es indicando o seu nome e apelidos, a dirección, o DNI e un teléfono de contacto, a través do que recibirá as indicacións precisas.
No prazo aproximado dun mes persoal técnico pasarase polas vivendas dos participantes para unha primeira valoración do traballo, coa finalidade de que se realice axeitadamente.
Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal