Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CPI DO FEAL ESTREOU HOXE A ESTRUTURA PARA DEPOSITAR TAPÓNS DE PLÁSTICO INSTALADA EN XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a iniciativa que os escolares de sexto curso C de Primaria presentaron nos Consellos de Participación Infantil
Narón, 3 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá e Servizos, Román Romero e Ibán Santalla, desprazáronse esta mañá ao paseo de Xuvia con Pedro Caneiro, integrante do equipo de Educación Viaria do Concello, para participar, xunto con alumnado de sexto curso C do CPI do Feal na inauguración dunha estrutura con forma de corazón para depositar tapóns de plástico. Ferreiro agradeceu a iniciativa dos escolares para colocar unha estrutura con esta finalidade, xa que foi unha proposta presentada aos Consellos de Participación Infantil celebrados durante este curso. O delegado e o subdelegado do curso foron os responsables, xunto coa alcaldesa, de descubrir a estrutura, que dispón de dous orificios para depositar os tapóns co fin de que posteriormente se reciclen. “Quero felicitarvos de novo polo traballo realizado para que hoxe poidamos estrear esta estrutura na que se poden depositar xa tapóns de plástico que se reciclarán, contribuíndo deste xeito ao coidado e respecto do medio ambiente”, asegurou a alcaldesa. Os escolares, que aseguraron que lles gustou o resultado final da súa proposta, depositaron xunto con Ferreiro os primeiros tapóns de plástico na estrutura, da que se instalarán máis no termo municipal. A de hoxe foi a segunda iniciativa que escolares da cidade propuxeron ao Concello a través dos Consellos de Participación Infantil e que se materializou, tras entregar hai unhas semanas dispensadores de bolsas para recoller excrementos de cans, proposta esta última de escolares de sexto de Primaria do colexio Ayala.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal