Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A LUDOTECA MUNICIPAL ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS SERVIZOS DO HORARIO DE VERÁN
A LUDOTECA MUNICIPAL ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS SERVIZOS DO HORARIO DE VERÁN
O horario de verán comezará a aplicarse o 23 de xuño, tal e como avanzou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 4 de xuño de 2021. A Ludoteca municipal da Solaina abrirá o vindeiro luns, día 7, o prazo de inscrición para participar nos seus servizos do horario de verán, que comezará a aplicarse o 23 de xuño. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou que hai dúas opcións de matrícula: os luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas, ou os martes e xoves nese mesmo horario. Así mesmo, indicou que as inscricións poden tramitarse de luns a venres no propio centro, entre as 19.00 e as 20.00 horas, donde tamén se ofrecerá información ao respecto.
Debido á actual situación sanitaria, en cada unha das dúas opcións que se ofrecen para anotarse formaranse dous grupos, un azul, para menores de 3 a 6 anos e outro verde, de 7 a 12, con sete prazas en cada un deles.
As persoas interesadas en inscribirse deberán elixir unha única opción e cubrir un impreso que lles entregarán no centro e adxuntar unha fotocopia da tarxeta sanitaria e unha fotografía tamaño carné do/a menor. Pódense anotar nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, colectivo ao que se dirixen as prazas dispoñibles. Terán prioridade á hora da concesión aquelas persoas que se inscriban a tempo completo na opción elixida.
Para coñecer as normas de acceso e os compromisos que deben asumir as familias dos menores coa inscrición poden chamar ao número de teléfono 981 389 284, de 19.00 a 20.00 horas, todos os días da semana.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal