Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ OS DÍAS 11, 12 E 13 DE XUÑO A PRIMEIRA EDICIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN"
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ OS DÍAS 11, 12 E 13 DE XUÑO A PRIMEIRA EDICIÓN DA
Os edís de Feiras e Mercados e Promoción Económica, Santiago Galego e David Pita, respectivamente, presentaron hoxe o evento no Concello
Narón, 4 de xuño de 2021. Os edís de Feiras e Mercados e de Promoción Económica, Santiago Galego e David Pita, presentaron hoxe a primeira edición da Feira do Motor de Narón, que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xuño no polígono de Río do Pozo. Galego indicou que a convocatoria reunirá uns 300 vehículos novos, de ocasión e quilómetro 0 de trece concesionarios. “O pasado ano tivemos que aprazar este evento debido á situación sanitaria”, recordou Galego, que considera “moi importante esta feira porque estamos nunha zona moi vencellada ao mundo do motor e este é un atractivo máis que non queriamos deixar pasar”. A través da páxina web: feiradomotornaron.es poderase consultar toda a información deste evento.
Levarán vehículos e ofrecerán descontos os concesionarios Corgal Automóviles, Gándara Motor, Autos Ferrol, Movilría, Anta Motor, Priorauto, Integral Automoción, Finisterre Motor, Grupo Caeiro, Autogándara, Gonzacar, Manuel Rey y Grupo Breogán. Os vehículos poderán verse no estacionamento de camións de Río do Pozo -fronte á nave loxística de Lidl- e o acceso será de balde –con control e limitación de aforo- os tres días entre as 10.00 e as 21.00 horas.
Así mesmo, colaborarán as firmas Electric Sun Mobility (ESM), que ofrecerá asesoramento de balde sobre mobilidade sostible; a Asociación de usuarios de vehículos eléctricos (AUVE), que levará unha mostra deste tipo de vehículos e ofrecerá a posibilidade de compartir experiencias persoais co público asistente; o Motoclub Fojeteiros, que mantén a súa actividade en Narón e é tamén representante do sector do motor; e o Auto Club Clásicos Narón, que levará vehículos de 40 anos ou máis de antigüidade. Galego subliñou tamén a vinculación da cidade ao mundo do motor, citando o éxito de convocatorias como a concentración moteira do Motoclub Fojeteiros e tamén o Rally de Narón.
Pola súa banda, o edil de Promoción Económica destacou a importancia de apoiar ao sector da automoción “un dos máis fortes da comarca en número de empresas e que debido á reducción da mobilidade polas restricións da covid-19 rexistrou estragos importantes na súa facturación, que esperamos que alomenos poidan paliar parcialmente con este evento”. Pita asegurou que “ao mesmo tempo queremos poñer en valor o polígono de Río do Pozo, para que as empresas que se queiran instalar saiban que as acolleremos de moi bo grao”.
Finalmente, os edís naroneses convidaron á cidadanía de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita e agradeceron a implicación de todas as empresas e entidades que estarán presentes esa fin de semana na Feira do Motor, que xorde con intención de consolidarse nos vindeiros anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal