Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O EDIL DE MEDIO AMBIENTE DESPRAZOUSE HOXE AO VAL CON TÉCNICOS DA XUNTA CON MOTIVO DA PRAGA DE MOSCAS REXISTRADA NA PARROQUIA
O EDIL DE MEDIO AMBIENTE DESPRAZOUSE HOXE AO VAL CON TÉCNICOS DA XUNTA CON MOTIVO DA PRAGA DE MOSCAS REXISTRADA NA PARROQUIA
O edil responsable da área medioambiental, Santiago Galego, indicou que o persoal técnico explicou que a situación responde a un desequilibrio medioambiental cíclico
Narón, 4 de xuño de 2021. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, desprazouse novamente esta mañá á parroquia do Val para realizar con persoal técnico da Xunta un seguemento da praga de moscas rexistrada en varios lugares da parroquia do Val: Quintá, As Carballedas, Penela e Lobeiro, principalmente. O edil naronés explicou que, tal e como trasladaron, “a situación responde a un desequilibrio medioambiental cíclico xerado polo microclima desa zona, moi protexida polas montañas e preto do mar”.
Galego asegurou que continúa sen aparecer o foco emisor do problema “pero continuaremos traballando e en contacto permanente coas veciñas e veciños da zona co obxectivo de poder detectalo e procurar unha solución”. O concelleiro de Medio ambiente recordou á veciñanza que no caso de que se detecte algunha situación sospeitosa dese foco, como por exemplo a aparición repentina de moitos paxaros nunha zona concreta, se alerte á Policía Local.
“Trátase dunha situación moi complicada para as veciñas e veciños da parroquia, que cada día teñen que afrontar limitacións como non poder abrir as fiestras debido a esta praga de moscas para a que confiamos en poder atopar o foco e, conxuntamente cos técnicos da Xunta, ofrecer canto antes unha solución”, recalcou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal