Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELO IMPULSA VARIAS INICIATIVAS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI
As edís de Igualdade, Mar Gómez; Benestar Social, Catalina García, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron os actos que se levarán a cabo con motivo do 28-X
Narón, 6 de xuño de 2021. As edís de Igualdade, Mar Gómez; Benestar Social, Catalina García, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron os actos que se celebrarán no Concello con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño. A través do programa “Narón pola igualdade e a diversidade sexual”, programouse a charla “A lei trans a debate” que terá lugar o 17 de xuño -19.00 horas- no Café Teatro do Pazo da Cultura. A política e activista dos dereitos LGTBI Carla Antonelli, e o vogal da Asociación ALAS Coruña, Fito Ferreiro, serán os encargados de abordar a citada lei nun acto con entrada libre ata completar a capacidade do Café Teatro do Pazo. Así mesmo, na Bilbioteca municipal sucederanse varios actos conmemorativos do 28-X. Do 21 de xuño ao 2 de xullo no horario de apertura das instalacións poderase ver a exposición bibliográfica “Armarios de portas abertas”, con varios libros e outros materiais nos que se visibiliza a diversidade sexual. A primeira semana o horario de apertura manterase como o habitual de inverno, de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, mentres que a partir do 28 de xuño a Biblioteca abrirá xa no horario de verán: as mañás de martes a venres de 9.00 a 14.00 e as tardes de luns e mércores de 18.00 a 21.00. O Día Internacional do Orgullo LGTBI tamén se poderá ver na canle de Youtube da Biblioteca municipal (Biblioteca Pública Municipal de Narón) o vídeo “As biblios cos armarios abertos”, con reseñas de catro libros de diversidade sexual orientados ao público xuvenil. Esa publicacións son: “Cada seis meses”, de Clara Duarte; “Stay gold: no dejes de ser tú mismo”, de Tobly McSmith; “Bárbaras! Unha achega desenfadada á menstruación para adolescentes divers*s (e non só)”, de María Reimóndez, e “Leah a destiempo”, de Becky Albertalli. No que respecta á Bilbioteca municipal tamén nas actividades do Club de lectura –tanto no xeral como no feminista- lerase e comentarase durante este mes “Señoras que se empotraron hace mucho”, de Cristina Domenech. Trátase dun libro que recolle a historia de mulleres lesbianas que do século XVII ao XX se enfrontaron ás dificultades da súa época para expresar a súa sexualidade. No ámbito educativo, o 21 de xuño o alumnado do CPR Santiago Apóstol asistirá á proxección do documental “Noche Irisada”, da Deputación da Coruña e que permitirá ás rapazas e rapaces reflexionar sobre a loita do colectivo LGTBI en Galicia e a percepción na actualidade da diversidade sexual. Esta mesma sesión de cinefórum, dunha hora de duración, xa a tivo o pasado mes de maio alumnado do IES As Telleiras. O Concello de Narón adheriuse tamén á campaña “Liberdade de ser e sentir”, impulsada pola Deputación da Coruña e a través da que se aposta por sensibilizar e concienciar á poboación, ao tempo que se reivindica o día da diversidade sexual. Toda a información relativa a esta campaña pode consultarse a través da web: https://seresentir.gal/inicio/gl/.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal