Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DAS OBRAS "PRINCIPIANTES" E "SÉ INFIEL Y NO MIRES CON QUIEN"
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DAS OBRAS
As persoas que desexen asistir poden aínda adquirir entradas para estes dous espectáculos ata completar a capacidade do Pazo
Narón, 7 de xuño de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos teatrais, un deles con dous pases e para os que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles. Na xornada do venres 11 e o sábado 12 poderase ver –ás 20.30 e 20.00 horas, respectivamente- a obra “Principiantes”, -19.00 horas- cun elenco do que forman parte Javier Gutiérrez, Daniel Pérez, Vicky Luengo e Mónica Regueiro.
“Principiantes” enmárcase no xénero do drama e protagonízana catro personaxes: un cardiólogo, unha muller namorada, un home envolto nunha coraza e unha muller crisálida que se converte en algo descoñecido para ela. Os personaxes discuten, bícanse, peléxanse, escóitanse e pregúntanse que é o amor. O prezo das entradas é de 14 euros para o público xeral e de 9,80 euros para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).
O domingo regresará o teatro ao Pazo coa representación da comedia “Sé infiel y no mires con quien”, de cuxo elenco forman parte recoñecidos actores e actrices como Josema Yuste ou Teté Delgado, entre outros. Tres grupos de persoas, entre eles dous matrimonios, coinciden na mesma noite nun apartamento que todos eles esperan atopar baleiro pero no que se atopan e xorde o caos tras un inicio da historia complicado para Luis, un dos protagonistas que é propietario dunha editorial de libros para nenas e nenos e que non atravesa o seu mellor momento. O espectáculo está fóra de abono e o prezo das entradas é de 24 euros no patio de butacas e 20 euros nos anfiteatros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal