Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ALUMNADO DO CPR SANTIAGO APÓSTOL ESTREOU HOXE UNHA NOVA ESTRUTURA PARA DEPOSITAR TAPÓNS DE PLÁSTICO
ALUMNADO DO CPR SANTIAGO APÓSTOL ESTREOU HOXE UNHA NOVA ESTRUTURA PARA DEPOSITAR TAPÓNS DE PLÁSTICO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse á praza Gándara Park, donde se ubicou a estrutura, xunto con escolares de segundo curso de Primaria do centro
Narón, 7 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse este mediodía á praza Gándara Park para participar con alumnado de segundo de Primaria do CPR Santiago Apóstol na estrea dunha nova estrutura para depositar tapóns de plástico. Ferreiro e Santalla depositaron xunto coas nenas e nenos os primeiros tapóns de plástico na estrutura e os escolares incluso cantaron e bailaron unha canción sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Ferreiro felicitou aos menores de segundo B por interesarse ante o Concello, a través dun correo electrónico, na posibilidade de que se instalasen colectores para recoller tapóns, ao quedarse sen os que tiñan no centro educativo antes da Covid-19. “Quero darvos as grazas por estar tan concienciados e apostar polo feito de que dende o Concello continuemos instalando este tipo de estruturas, das que xa hai outra no paseo de Xuvia e que queremos ir colocando tamén noutros barrios da zona urbana e en parroquias do rural”.
Así mesmo, a alcaldesa valorou o feito de que “as nenas e nenos sigades traendo aquí tapóns de plástico que se reciclan con fins benéficos para axudar a determinados colectivos”.
En canto ao alumnado de segundo A, “tamén é moi gratificante que esteades traballando nese proxecto que nos indicastes sobre como afecta ao medio ambiente o consumo de plásticos, por iso en canto tivemos coñecemento desa iniciativa xa en marcha quixemos aportar o noso gran de area e instalar este contenedor preto do voso colexio”.
Os escolares, que aseguraron que lles gustou o resultado final da súa proposta, agradeceron o feito de que o Concello atendera as peticións formuladas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal