Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO COUTO ACOLLERÁ ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DO LIBRO "GOMETS", DA NARONESA SABELA CAGIAO BRANCO
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e a autora do libro, Sabela Cagiao, anunciaron hoxe no Concello o acto de presentación ao público de "Gomets"
Narón, 8 de xuño de 2021. O Concello acolleu esta mañá a presentación do libro “Gomets”, acto no que estiveron presentes a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e a autora da publicación, Sabela Cagiao Branco. O vindeiro venres 11 ás19.00 horas terá lugar no local social do Couto, parroquia natal e de residencia de Sabela Cagiao, a presentación ao público deste libro, tal e como avanzou Taibo. “É un orgullo e unha satisfacción persoal poder presentar o meu primeiro libro no lugar no que nacín e donde sigo vivindo”, asegurou Cagiao. Sobre a súa incursión no mundo da literatura explicou que “presentei o libro a un concurso para escritores noveis organizado en Madrid por Diversidad Literaria e tiven moi boas críticas e animáronme a publícalo e así o fixen”. A publicación, cunha parte real e outra ficticia e centrado no amor, conta a historia de Bely, unha rapaza que medra na nosa comarca nuns tempos nos que abundan os medos e as incertidumes. Co paso do tempo irá creando unha nova personalidade que a levará a transformarse en Adela e ambas coexistirán e experimentarán vivencias moi dispares. Sabela Couce recoñece que “dende sempre refuxieime secretamente na lectura e na escritura, sendo a miña vía de escape tanto nas ledicias como nas penas”. A concelleira de Ensino felicitou a Sabela Cagiao polo seu primero libro, co que lle desexou moitos éxitos e “que sexa o primeiro de moitos”. Así mesmo, Taibo asegurou que “é un orgullo poder acompañar a unha veciña da nosa cidade na presentación do seu libro, porque xente como Sabela fan aínda máis grande este Concello, cunha gran aposta polo ámbito cultural e por apoiar a todas as persoas que como ela deciden comezar un novo camiño”. Taibo animou tamén ás veciñas e veciños que o desexen a acudir este venres ao acto de presentación de “Gomets” no Couto. O libro está xa á venda online e tamén se pode xestionar a compra contactando coa autora, a través do correo electrónico: aljosa@hotmail.es.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es