Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DO MOTOR DE NARÓN DESENVOLVERASE DENDE MAÑÁ ATA O DOMINGO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DO MOTOR DE NARÓN DESENVOLVERASE DENDE MAÑÁ ATA O DOMINGO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
As persoas que acudan, dende mañá ata o vindeiro domingo, terán a oportunidade de ver uns 300 vehículos novos, de ocasión e quilómetro 0
Narón, 10 de xuño de 2021. O estacionamento de camións do polígono de Río do Pozo acollerá dende mañá e ata o vindeiro domingo, día 13, a primeira edición da Feira do Motor de Narón. Unha convocatoria na que se reunirán uns 300 vehículos novos, de ocasión e quilómetro 0 dun total de trece concesionarios da zona: Corgal Automóviles, Gándara Motor, Autos Ferrol, Movilría, Anta Motor, Priorauto, Integral Automoción, Finisterre Motor, Grupo Caeiro, Autogándara, Gonzacar, Manuel Rey e Grupo Breogán. O acto inaugural, ao que acudirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Feiras, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, terá lugar mañá ás 11.00 horas, momento a partir do que tamén poderán acceder ao recinto as persoas que o desexen.
O evento, organizado polo Concello, conta coa colaboración das firmas Electric Sun Mobility (ESM), que ofrecerá asesoramento sobre mobilidade sostible; a Asociación de usuarios de vehículos eléctricos (AUVE), que levará este tipo de vehículos; o Motoclub Fojeteiros, que mantén a súa actividade en Narón e é tamén representante do sector do motor; e o Auto Club Clásicos Narón, que levará vehículos de 40 anos ou máis de antigüidade.
Os concesionarios ofrecerán descontos pola venda dos automóbiles expostos, que se poderán ver mañá ata as 21.00 horas e o sábado e o domingo en horario de 10.00 a 21.00 horas.
Para poder asistir é necesario, debido á actual situación sanitaria, rexistrarse a través da web: www.feiradomotordenaron.es ou facilitar os datos na zona de acceso ao recinto nos mencionados días e horarios.
Dende o Concello animan á cidadanía a acudir a este evento, con entrada de balde e donde poderán ver unha gran variedade de vehículos dos diferentes concesionarios.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal