Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RELANZA A PLATAFORMA NARÓN PARTICIPA PARA ESTENDER O SEU USO ENTRE A CIDADANÍA E O TECIDO ASOCIATIVO
O CONCELLO RELANZA A PLATAFORMA NARÓN PARTICIPA PARA ESTENDER O SEU USO ENTRE A CIDADANÍA E O TECIDO ASOCIATIVO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás entidades que traballan en Narón a solicitar un espazo nesta web para dar a coñecer o seu traballo
Narón, 10 de xuño de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que o Concello relanzará o espazo virtual: https://www.naronparticipa.es/ co obxectivo de continuar dando a coñecer á cidadanía en xeral e ao tecido asociativo en particular o traballo que se realiza nesta plataforma. “A través da Escola de Participación Cidadá de Narón elaboráronse dous elementos comunicativos, unha guía visual e un vídeo explicativo para presentar todas as posibilidades que ofrece esta plataforma e tamén como rexistrarse na mesma”, apuntou García. Estes documentos poden consultarse nas redes sociais da Escola de Participación Cidadá e tamén do Concello.
“A plataforma Narón Participa é moi innovadora e versátil e está aberta ás achegas que nos queira realizar a veciñanza, permitindo tamén dar visibilidade ao tecido asociativo do Concello e dinamizar a participación cidadá”, destacou García. Realizar propostas sobre procesos participativos en curso, informarse sobre as convocatorias dos Consellos Territoriais e revisar as súas actas, informarse sobre o tecido asociativo da cidade… son algunhas das funcións desta plataforma.
García animou ás entidades que traballan en Narón a solicitar un espazo propio dentro desta web no que poderán visibilizar o seu traballo e compartir novas, crear eventos, actualizar os seus datos de contacto e redes sociais, compartir documentos de interese para as asociacións…. “Todas aquelas entidades interesadas deben poñerse en contacto coa Escola de Participación de Narón, a través do correo: escolaparticipacion@naron.es ou do número de teléfono 603 865 413.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal