Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE TRESCENTOS VEHÍCULOS Á VENDA DENDE HOXE NA PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DO MOTOR DE NARÓN
MÁIS DE TRESCENTOS VEHÍCULOS Á VENDA DENDE HOXE NA PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DO MOTOR DE NARÓN
O recinto do estacionamento de camións de Río do Pozo acolle este evento, que se desenvolverá dende hoxe ata o vindeiro domingo día 13
Narón, 11 de xuño de 2021. O recinto do estacionamento de camións de Río do Pozo –xunto á nave loxística de Lidl- acolle dende esta mañá algo máis de 300 vehículos novos, de ocasión e quilómetro 0 de trece concesionarios da zona. A Feira do Motor de Narón inaugurouse esta mañá, ás 11.00 horas, nunha convocatoria á que acudiron os edís de Feiras e Mercados, Santiago Galego, Promoción Económica, David Pita, e Deportes, José Oreona. Xuntos percorreron o espazo no que se localiza a mostra de vehículos e que se poderá visitar –a entrada é de balde- ata as 21.00 horas de hoxe e tamén mañá e o domingo de 10.00 a 21.00 horas, ininterrompidamente.
O edil de Feiras valorou o feito de que se puidese retomar este evento, xa programado para o pasado ano pero que tivo que aprazarse debido á situación sanitaria. “As persoas que desexen acudir terán que deixar os seus datos antes de acceder e cumprir as normas establecidas para este tipo de eventos”, apuntou Galego, que agradeceu “a implicación dos concesionarios que están presentes neste evento, aos que desexamos que esta fin de semana lles sexa moi productiva en canto ás vendas de vehículos, xa que ofrecen unha gran variedade de opcións e tamén algúns descontos á clientela”. Algún dos concesionarios xa pechou vendas esta mesma mañá.
Así mesmo, o concelleiro de Promoción Económica destacou que “tratamos de apoiar con esta feira a un sector que tamén padece os efectos da crise sanitaria e que ogallá estes días poida recuperar parte da facturación que non puido ter no último ano”.
Os concesionarios presentes son: Corgal Automóviles, Gándara Motor, Autos Ferrol, Movilría, Anta Motor, Priorauto, Integral Automoción, Finisterre Motor, Grupo Caeiro, Autogándara, Gonzacar, Manuel Rey e Grupo Breogán.
Tamén hai unha representación do Motoclub Fojeteiros, de Narón, un dos máis vencellados á cidade no mundo do motor, e unha exposición de vehículos clásicos do Autoclub Clásicos Narón. A maiores, as persoas que se acheguen a esta feira poderán informarse no espazo da Asociación de usuarios de vehículos eléctricos sobre este tipo de coches e recibir información sobre mobilidade sostible, a cargo da firma Electric Sun Mobility.
Os representantes do goberno local animaron á cidadanía a visitar o recinto esta fin de semana e amosaron a súa confianza en que esta convocatoria teña continuidade nos vindeiros anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal