Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPLANTA SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS EN SEIS PASOS DE PEATÓNS UBICADOS XUNTO A CENTROS DE ENSINO
O CONCELLO IMPLANTA SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS EN SEIS PASOS DE PEATÓNS UBICADOS XUNTO A CENTROS DE ENSINO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, felicitaron ao alumnado de primeiro da ESO do colexio Jorge Juan por presentar a iniciativa nos Consellos de Participación Infantil
Narón, 11 de xuño de 2021. Alumnado de primeiro curso da ESO do colexio Jorge Juan participou hoxe no acto de presentación dos pictogramas cos que contarán dende hoxe seis pasos peonís da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, acompañaron aos escolares no momento no que se remataba a colocación do pictograma ubicado nas inmediacións do seu centro de ensino. Ferreiro felicitou novamente aos menores por presentar esta iniciativa nos Consellos de Participación Infantil impulsados a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.
A maiores do pictograma localizado xunto ao colexio Jorge Juan tamén se pintarán outros en tres pasos peonís máis sen regulación semafórica, concretamente os ubicados xunto aos colexios Ayala –rúa Cristóbal Colón-, A Solaina –rúa Cardenal Cisneros- e Santiago Apóstol –rúa Pintor Sotomaior-. Así mesmo, tamén haberá outros dous nos pasos peonís con regulación semafórica ubicados xunto aos centros de ensino de Piñeiros –na estrada de Castela- e da Gándara –rúa Bispo Argaya-.
Os pictogramas están pintados en cor vermella e inclúen as mensaxes “Parar”, cunha imaxe dunha man dando o alto, “Mirar”, coa imaxe dun ollo, “Parado", coa imaxe dun coche, e “Cruzar”, coa silueta dunha persoa, para advertir da secuencia a seguir para cruzar con seguridade. “A maiores de ser de gran axuda para as persoas con TEA, con maior capacidade para procesar imaxes, tamén serán moi útiles para calquera outra persoa con algunha diversidade cognitiva”
“Como moi ben explicastes no proxecto presentado aos Consellos de Participación Infantil, a través destes pictogramas facilitaremos que as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poidan comprender con maior facilidade as funcións dos pasos de peatóns”, asegurou a alcaldesa. Ferreiro incidiu en que “continuaremos con iniciativas como esta, que iremos ampliando por toda a cidade, para facer cada día un Narón máis accesible e inclusivo”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal