Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE E ÓRGANOS DE GALICIA ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE E ÓRGANOS DE GALICIA ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O luns 14 e o martes 15 o vehículo estará operativo nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de mañá e tarde
Narón, 11 de xuño de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos de Galicia (ADOS) desprazarase a vindeira semana á cidade. Na xornada do luns, día 14, e o martes 15 o vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en ambos casos de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 a 21.00 horas.
Debido á actual situación sanitaria indican dende ADOS que é desexable solicitar cita para doar, chamando ao número de teléfono 900 100 828 e graduar deste xeito a afluencia de doadores/as.
As persoas que acudan a doar deben almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. É preciso levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.
Cada día ADOS despraza dúas unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal