Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE VISITA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE PIÑEIROS PARA COÑECER O SEU FUNCIONAMENTO
Este centro ten matriculados a 111 nenos e nenas de Narón, de 0 a 3 anos.
Narón, 22 de Outubro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, continúa coa sua axenda de visitas ás instalacións e edificios municipais logo de asumir a alcaldía do Concello, o pasado 20 de xaneiro de 2009. Así, onte desprazouse á Escola Infantil Municipal (EIM) de Piñeiros onde a directora do centro, Paula Pato, amosoulle as instalacións. A EIM de Piñeiros foi inaugurada polo Concello hai cinco anos. Na actualidade, dispón de 111 nen@s matriculados na mesma, dos que a maioría (79) acuden ó centro en horario de mañá, mentres que o resto (32) o fai en horario de tarde. En ambos casos, o grupo máis numeroso é o de nen@s de 2 a 3 anos de idade. Ademáis, a EIM de Piñeiros ten unha lista de espera de outros 39 menores (20 nen@s de 1 a 2 anos, e 19 nen@s de 2 a 3 anos). O Alcalde destacou a alta calidade do servizo público que se presta nas tres escolas infantís municipais de Narón, situadas en A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Outras visitas recentes Nos últimos meses, o rexedor visitou o Centro de Maiores do Alto (en febreiro) onde compartíu un xantar cos seus usuarios, o CEIP Ponte de Xuvia e a súa remodelada biblioteca (en marzo), a Biblioteca Municipal do Alto (no mes de xuño), e as asociacións de veciños das zonas urbana e rural. O calendario de visitas a institucións, entidades culturais e deportivas continuará nos vindeiros meses por parte do Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal