Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PÚBLICO E DE VENDAS NA PRIMEIRA EDICIÓN DA FEIRA DO MOTOR DE NARÓN
No evento, iniciado o pasado venres no polígono de Río do Pozo e que remata hoxe, vendéronse algo máis de medio cento de vehículos
Narón, 13 de xuño de 2021. Algo máis de 3.500 persoas visitaron dende o pasado venres a Feira do Motor de Narón, no polígono de Río do Pozo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Feiras, Santiago Galego, Deportes, José Oreona e Promoción Económica, David Pita, entre outros representantes da corporación local estiveron na primeira edición deste evento, que se clausura hoxe ás 21.00 horas. Ao éxito de público sumouse tamén o de venda de vehículos, novos, de ocasión e quilómetro 0, dos que ao mediodía se venderan algo máis de medio centenar. O edil de Feiras destacou que “esta primeira edición reuniu máis de 300 vehículos de trece concesionarios e a gran acollida que tivo entre a cidadanía, de Narón e doutros concellos, levaranos a darlle continuidade". Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica destacou o éxito das vendas realizadas nestes tres días. “Os responsables dos concesionarios que participaron lograron tramitar un número considerable de vendas esta fin de semana, o que é unha moi boa nova tendo en conta que se trata dun sector tamén moi afectado pola situación sanitaria que vivimos dende hai máis dun ano. Corgal Automóviles, Gándara Motor, Autos Ferrol, Movilría, Anta Motor, Priorauto, Integral Automoción, Finisterre Motor, Grupo Caeiro, Autogándara, Gonzacar, Manuel Rey e Grupo Breogán desprazaron os vehículos que se puideron ver e comprar na Feira do Motor de Narón. Xunto a eles, un espazo do recinto reservouse para o Motoclub Fojeteiros e outro para o Auto Club Clásicos Narón. Así mesmo, colaboraron no evento a empresa Electric Sun Mobility (ESM), para asesorar sobre mobilidade sostible e a Asociación de usuarios de vehículos eléctricos (AUVE), que levou vehículos eléctricos. A alcaldesa de Narón conversou con representantes dos concesionarios presentes do evento e amosou a súa satisfacción polo éxito de vendas. “É unha satisfacción ver que este evento organizado dende o Concello foi do agrado de moita xente que se desprazou ata o recinto durante os últimos tres días, e tamén dos representantes dos concesionarios participantes, que puideron dar saída a máis de medio centenar de vehículos”. Ferreiro recalcou que esta feira, “xa é un referente no calendario de eventos da nosa cidade” e subliñou a importancia de apoiar ao sector, con gran presenza na cidade e na comarca, “como fonte de riqueza e xeración de emprego”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal