Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE EMPRESAS OPTAN AO "X PREMIO XOVE EMPRESARIA/O DE GALICIA E INICIATIVA EMPRENDEDORA DE GALICIA" DE AJE
O acto de entrega terá lugar o vindeiro mércores, día 16, no Pazo da Cultura de Narón ás 20.00 horas
Narón, 14 de xuño de 2021. O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro mércores, día 16, o acto de entrega dos galardóns do “X Premio Xove Empresaria/o e Iniciativa emprendedora de Galicia”, que comprende dúas categorías e dous accésit: Premio Xove Empresaria/o de Galicia, Premio Iniciativa Emprendedora de Galicia, Accésit á innovación e Accésit á responsabilidade social empresarial. A convocatoria dará comezo ás 20.00 horas e á mesma asistirán representantes da administración autonómica, provincial, das AJEs galegas, da CEG, CEAGE, empresas colaboradoras do evento e do Concello de Narón. O xurado dispón da documentación de todos os proxectos que a nivel autonómico optan aos citados premios para valorar os diferentes criterios de cada premio e reunirase para emitir o seu fallo antes de iniciarse o acto, ás 20.00 horas. As emprendedoras e emprendedores que presentaron os seus proxectos, un total de vinte, non podían ter cumpridos 41 anos no momento de presentar a súa candidatura, teñen que ter o domicilio social en Galicia, o capital social debe estar participado alomenos nun 20% por persoas físicas menores de 41 anos e a empresa non poderá estar participada por empresas ou entidades de titularidade pública. Así mesmo, no transcurso do acto entregarase un galardón honorífico a unha empresa gañadora de anteriores edicións destes premios. As empresas que optan aos premios desta edición son: Premio Xove empresario/a: KIWANDA: Ángel Hernández González (A Coruña) www.kiwandalabs.com KIWANDA LABS, é unha empresa que solventa os problemas de inventario e trazabilidade mediante a tecnoloxía RFID, permitindo ás empresas vender máis con menos stock e facendo un uso máis eficiente dos seus recursos. OSIGRIS: Rubén Mella Mosquera (A Coruña) www.osigris.com Desenvolvemento de software para a xestión agrícola e para a comunicación, control e seguemento de agricultores por parte de técnicos. PYH GLOBAL SERVICES HOLDING S.L.: Juan Manuel López Labrada (Lugo) www.pyhingenieria.com Consultora de negocios, oficina técnica de enxeñaría e arquitectura. Entidade de inspección técnica de vehículos. Concesionarios e circuítos de motocicletas. Hostalería lavandería. Enerxía Consultoría empresarial: internacionalización, tecnoloxía e innovación, inspección de vehículos, arquitectura, enxeñaría, inmobiliaria, xestión de franquicias e márketing dixital. Alquiler de inmobles. Formación: STEM, homologacións, automóbil, xestión de calidade, emprendemento, empresarial e financieira. VANESSA PEÑA BEAUTY LAB: Vanessa Peña (Ourense) www.vanessapenaourense.com Empresa que ofrece á súa clientela servizos e produtos profesionais, innovadores e de calidade que fagan resaltar a súa beleza e estilo propio. Espazo de beleza integral recoñecido, valorado e demandado enfocado á vangarda e ao compromiso social. CENTRO INTERDISCIPLINAR PASO A PASO: Andrea Pérez Bada (Pontevedra) www.centrospasoapaso.es O Centro Paso a Paso non é só unha clínica donde atenden as necesidades específicas, senón tamén, grazas a este proxecto, actúa como ferramenta de detección precoz, algo que a sociedade precisa para poder actuar o antes posible no caso de detectarse algunha patoloxía, xa que a intervención temperá sempre é un bo pronóstico ante os problemas do neurodesenvolvemento. MENDEZ SANTOS SLU: Pablo Méndez Groba (Pontevedra) Espectáculo, impacto e fantasía. Con estas tres palabras poderíase resumir o traballo de Pablo Méndez compañía de Performances, cun pequeno engadido: non hai límites. Caracterizacións espectaculares, maquillaxes que crean seres ata agora só existentes na imaxinación, estruturas xigantescas, luces que bailan, lume, música, danza, clown, acrobacias… CHUPIPOSTRES: Águeda Ubeira Naveiras (Vigo) www.chupipostres.com Repostería persoalizada. Novo concepto de cada produto para cada cliente. Almorzos temáticos artesáns a domicilio. Envío a toda a península, dende o seu obrador. Aposta en venda canal online e domicilio dende hai máis de seis anos. Venda de momentos de felicidade únicos, que non se esquecen. DBARRIO: PABLO SANCHEZ SANCHEZ (Vigo) www.dbarrio.com DBARRIO é a plataforma (web e APP) para pedir a domicilio nas mellores tendas e restaurantes locais, elixindo ao repartidor e axudando a mellorar os nosos barrios. HYLIACOM S.L.: Hugo Fraga Pigueiras (Ferrol) www.hyliacom.es Hyliacom céntrase en ofrecer servizos de deseño e desenvolvemento web, de deseño e desenvolvemento de APPs, de produción de contidos multiformato, de organización de eventos e de marketing online. DROMOSPORT: Olga Pariente Albo (Ferrol) www.dromosport.com Comercio con canle de venda online, especializado na venda de rodas de ciclismo de competición de gama media-alta e produtos relacionados (pneumáticos, accesorios, utensilios de montaxe, pezas de recambio, ferramentas de reparación…). Ofrécese un catálogo moi específico e Premium, así como servizos engadidos como son a montaxe de rodas, que os diferencian do resto de competidores locais e online. Premio Iniciativa Emprendedora: TAPPY: Jaime Domínguez Bálgoma (A Coruña) www.tappy.es Tappy, unha nova forma de beber cervexa. Crearon unha billa intelixente na que os visitantes dun evento, os inquilinos dun pequeno hotel ou ou habitantes de coworkings e colivings poden preparar as súas cañas eles mesmos, sen ter que ser atendidos por persoal hostaleiro. Isto é un produto que permite abrir un punto de venda de cervexa en calquera sitio. Con Tappy é o propio cliente quen pode servirse a súa caña, pagando dixitalmente unha billa que controla a saída dun volumen definido de cervexa, unha vez que o cliente pagou vía APP (escaneando un código QR impreso na billa), ou tarxeta de crédito. QARONI: José Delgado Pérez (A Coruña) www.qaroni.com Expertos no desenvolvemento de aplicacións móbiles, intelixencia artificial, blockchain, xeolocalización, APIs, big data, internet das cousas, realidade aumentada… entre outros. Combinan estas disciplinas para crear ferramentas dixitais que levan ao mercado para axudar ás empresas a solventar problemas e abordar a transformación dixital. CARMELAMOLA: Carmen Álvarez Rodríguez (A Coruña) www.carmelamola.com Ofrece á clientela complementos de bisutería artesanal, de calidade e prezos económicos, realizando tamén as súas compras de xeito seguro e eficiente. Discapacidade, emprendemento e talento son palabras que non é habitual ver xuntas. Un proxecto, dinámico e creativo dentro dun entorno laboral normalizado. Aposta pola creación de emprego para persoas con e sen discapacidade. FESTIGALEIROS: Vanesa María Rivas Vilar (Lugo) www.festigaleiros.com FESTIGALEIROS é a nova plataforma dixital para a promoción, visualización e difusión do calendario de festas, feiras e mercados populares de Galicia. DIXITALGOU: Pablo Sanmartín Nogueiras (Ourense) www.dixitalgou.com En DixitalGou axudan a empresas, institucións e organizacións a ser relevantes, a construír reputación e a xerar resonancia a través da xestión da súa imaxe e da súa transformación dixital. ENERCRAFT INNOVATIVE ELECTRIFICATION TECHNOLOGY, S.L.: Alberto Jurjo Costa (Pontevedra) ENERCRAFT créase co firme compromiso de establecer novos estándares de calidade no campo do deseño, desenvolvemento e fabricación de innovadores equipos de soporte terrestre para avión, helicópteros, UAVs, coa visión de converterse en líder mundial en vendas da industria da aviación. TAMBO BOTTLES: Andrés Rodiño Lis (Pontevedra) www.tambobottles.com Marca de botellas de aceiro inoxidable con esencia galega. FORNELOS WAKE CLUB: Ricardo Freire Cruz (Vigo) www.forneloswakeclub.com Novas aportacións para o ocio acuático familiar introducindo no mercado galego instalacións ecolóxicas e ecoeficientes no rural galego. LA CULTURAL: Jesús Míguez (Vigo) www.laculturalvigo.com A actividade desta empresa baséase na restauración. Un novo concepto de brunch con cociña internacional e innovadora. Con presentacións moi coidadas e sutileza, así como unha boa calidade de servizos. ILUSIONARTE: María Asunción Álvarez Tenreiro (Ferrol) www.ilusionarte.net Ofrecen actividades dirixidas a todo tipo de idades, como obradoiros creativos, festas temáticas, animación de eventos e un sinfín de ideas que poden facer realidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal