Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INAUGURADA A NOVA SALA DE INVESTIGACIÓN SITUADA NO ARQUIVO MUNICIPAL
INAUGURADA A NOVA SALA DE INVESTIGACIÓN SITUADA NO ARQUIVO MUNICIPAL
Permitirá a consulta de documentos antigos no propio espazo.
Narón, 23 de Outubro de 2009.- A tenente de Alcalde do Concello de Narón, Angeles Díaz Pardo, inaugurou hoxe a sala de investigación que se acaba de habilitar no arquivo municipal, nun espazo de 40 metros cadrados situado no sótano da Casa Consistorial, e que gañouse grazas ó aforro de espazo logrado coa compactación dos fondos documentais.

Angeles Díaz explicou que esta sala consta de dúas dependencias: unha delas aberta a tódolos veciños/as para que poidan consultar o arquivo histórico e outra máis pequena que se empregará como despacho do arquiveiro que será quen facilite a documentación. Este lugar se dotará dun equipo informático dende o que se accederá á páxina www.arquinaron.es (onde se volcará o arquivo histórico para a súa consultaI e á páxina do programa Albalá (que contén os catálogos que empregan os archivos) ademáis de permitir a consulta de boletíns oficiais (coma o DOG, o BOE ou o BOP) e as páxinas relacionadas con temas de arquivos.

Tamén se permitirá a conexión dos ordenadores portátiles que traian os visitantes á rede wifi coa que se dotará a sala de investigación, para que poidan traballar cos documentos históricos “in situ”.O arquivo histórico do Concello de Narón contén os padróns de contribucións rústicas e territoriais, os expedentes de quintas, outros documentos sobre impostos da época, e o censo de poboación do municipio dende 1910 ata 1991.

Ademáis, na páxina arquinaron están colgadas a día de hoxe 130 fotografías antigas cedidas polos veciños de Narón, que recibiron nun ano máis de 3.300 visitas. Tamén se poderá consultar neste enderezo web proximamente as actas antigas dos plenos de Narón, logo de terse dixitalizado. O Concello invertiu un total de 5.000 euros nesta actuación.

O habilitación da sala de investigación no arquivo municipal tivo un orzamento de 29.800 euros que foron sufragados a partes iguais polo Concello de Narón e a Xunta de Galicia.


Neste espacio se levarán a cabo tamén dous proxectos en colaboración coa Universidade de A Coruña: conferencias para estudiantes universitarios e prácticas de alumnos de Biblioteconomía, e a catalogación do patrimonio arqueolóxico. O Concello ten previsto incluilo na páxina web e tamén habilitar unha sala para a súa exposición pública.

As novas instalacións conseguíronse logo de reordenar o espazo destinado ós fondos documentais, coa instalación dunha serie de armarios móviles que permiten a compactación dos mesmos. Este proxecto tivo un coste de 67.000 euros e tamén foi financiado a partes iguais polo Concello de Narón e a Xunta de Galicia.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, declarou que o importante do novo espazo público é “que teña utilización por parte dos veciños. Damos un paso máis para achegar a administración ós cidadáns, e resulta moi importante porque é fundamental non esquencer a historia do noso municipio”; sinalou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal