Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SEGUNDA EDICIÓN DO GULLIVER FEST CONTARÁ CUNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES E CONCERTOS
O Concello e o Padroado da Cultura organizan este evento, que se desenvolverá do 6 ao 8 de agosto, en colaboración coa asociación FurgoGalicia
Narón, 16 de xuño de 2021. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron esta mañá xunto con Ángel Sánchez e Martín Taibo, da asociación FurgoGalicia, a segunda edición do Gulliver Fest, o festival da cultura viaxeira. A cita será os días 6, 7 e 8 de agosto na área recreativa de Pedroso e contempla numerosas actividades e concertos destinadas a persoas de todas as idades. A información ao completo publicarase na web: www.gulliverfest.es. O Concello e o Padroado da Cultura organizan, en colaboración con FurgoGalicia, esta segunda edición do festival En canto á música, os concertos do día 6 pola noite sobre as 21.00 horas, correrán a cargo de Kumpania Algazarra, The Soul e Jacket. O sábado será o turno das agrupacións La Regadera, Carla Green & The Demons e Fanfarria Taquicardia, se ben tamén se programou unha sesión infantil matinal, ás 12.00 horas, a cargo de Gramola Gominola e outra ese mesmo día pola tarde, sobre as 17.00 horas, con Circanelo. A todas estas citas, tal e como indicaron dende FurgoGalicia, súmanse unha carreira de orientación en horario matinal, sesións de xogos populares durante a tarde do sábado e sobre as 18.00 horas, as charlas viaxeiras. Estas últimas, nas que as persoas que o desexen se poderán inscribir a través da web, “prográmanse de novo para que a xente que queira compartir as súas experiencias viaxeiras o faga, amosando o seu proxecto e explicándoo neste festival”. A maiores, tanto na xornada do sábado como na do domingo haberá unha sesión vermú e o último día unha sesión de ioga. As persoas que queiran estacionar na zona camper habilitada para tal fin nas inmediacións do muíño de Pedroso deberán facilitar os seus datos na páxina www.furgogalicia.org, donde dispoñen de toda a información. En total haberá unhas 156 prazas nas que poderán estacionar furgonetas e autocaravanas. Na zona da área recreativa de Pedroso tamén haberá foodtrucks para a xente que queira quedar a comer na zona do festival. Ángel Sánchez e Martín Taibo agradeceron a implicación do Concello e do Padroado de Cultura un ano máis neste evento e recordaron que á anterior edición, no ano 2019, acudiron unhas 2.000 persoas nos tres días. “Este ano debido á situación sanitaria estableceranse os pertinentes controis de aforo e demais normativa que se indique dende as autoridades sanitarias, polo que de aquí a agosto poderá haber algúns cambios no protocolo a seguir para desenvolver este evento coas máximas garantías de seguridade e sanitarias”. O concelleiro de Cultura destacou “a importancia deste evento a nivel cultural, donde a xente ten a posibilidade de compartir experiencias e tamén aficións en canto á música e actividades”. Pola súa banda, Natalia Hermida asegurou que esta cita “representa unha excelente oportunidade para continuar poñendo en valor a riqueza do noso patrimonio e espazos naturais e, ao tempo, para levar a cabo un festival dirixido a persoas de todas as idades”. Dende o Concello e a Asociación FurgoGalicia animaron á xente a acudir a este festival da cultura viaxeira e a desfrutar de todas as actividades programadas para esa fin de semana en Pedroso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal