Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRARÁ A SEGUNDA EDICIÓN DE "NOITES Á FRESCA" OS DÍAS 16 E 17 DE XULLO NAS INMEDIACIÓNS DA MAGNOLIA DE XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron esta mañá o evento
Narón, 22 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron no Concello a segunda edición de “Noites á fresca”. Os vindeiros 16 e 17 de xullo celebrarase xunto á magnolia de Xuvia esta proposta de lecer que, tal e como indicou Ferreiro, “aposta por desenvolver proxectos culturais de calidade en espazos de interese turístico e patrimonial, como é neste caso a magnolia centenaria de Xuvia, rexistrada no Catálogo de árbores Senlleiras de Galicia”. O primeiro dos concertos programados é o día 16 o de Budiño & Novoa a partir das 22.00 horas. O músico galego Xosé Manuel Budiño e o vigués Pablo Novoa traen a Narón un proxecto conxunto. O público escoitará éxitos destes dous creadores e novas músicas creadas especificamente para este espectáculo e outras versionadas. Na xornada do sábado día 17 será o turno, tamén ás 22.00 horas, de A Banda da Loba. Cinco mulleres forman esta agrupación musical, cun repertorio propio baseado en letras delas e musicalizacións de poetas célebres e textos de poemarios de escritoras contemporáneas. Presentarán na cidade o seu novo traballo, “Fábrica de luz”, de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai nun sentido amplo. A edil de Turismo apuntou que se trata dun evento “que xa na súa primeira edición tivo unha excelente acollida, cunha posta en escena moi coidada, cunha iluminación marabillosa da magnolia, que fai do espazo unha ubicación especial para este espectáculo cultural, cuns magníficos artistas para tan sinalada ocasión”. Para asistir será preciso dispoñer de entrada, polo que a concelleira recordou e agradeceu de antemán facer un uso responsable de a retirada das mesmas, a partir do 1 de xullo, a través da plataforma: www.ataquilla.com. A capacidade do recinto anunciarase con anterioridade debido a que se axustará ás medidas en vigor nese momento pola situación sanitaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal