Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DE 85.000 EUROS Á IMPLANTACIÓN DA TECNOLOXÍA LED EN MÁIS DE 400 LUMINARIAS DA ZONA RURAL
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DE 85.000 EUROS Á IMPLANTACIÓN DA TECNOLOXÍA LED EN MÁIS DE 400 LUMINARIAS DA ZONA RURAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que a substitución dos puntos de luz permitirá un aforro dun 30% no consumo que se rexistraba con anterioridade nesas luminarias
Narón, 25 de xuño de 2021. O Concello de Narón continúa avanzando na implantación da tecnoloxía led no alumeado público da zona rural. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que se levaron a cabo actuacións en San Xiao, Sedes e O Feal e que en breve darán comezo as correspondentes á substitución dos puntos de luz de vapor na estrada de Castro a Xuvia por San Xiao. Estas intervencións, en conxunto, suporán un investimento de 85.000 euros.
Nos lugares de Placente e Villallonte, en Sedes, cambiáronse un total de 147 puntos de luz de vapor de socio por luminarias con tecnoloxía led, o que permitirá unha rebaixa da potencia por punto, tal e como apuntou Ferreiro, do 30%. Así mesmo, está prácticamente rematada a actuación que nesta mesma área se leva a cabo nos alumeados da estrada do Feal, Río Seco e arredores, donde se instalaron 91 luminarias e que tamén permitirá unha rebaixa do 30% na potencia por punto.
A maiores, na parroquia de San Xiao, concretamente no lugar de Pomariño, implantouse a tecnoloxía led en 33 luminarias e nesta mesma parroquia, na estrada de Castro a Xuvia, actuarase nun total de 150 luminarias.
“O Concello contratou o subministro do material preciso para realizar estes traballos, sendo persoal municipal do departamento de Servizos Básicos e Mantemento o encargado de substituír as luminarias”, explicou a rexedora local.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal