Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONMEMOROU HOXE CON VARIOS ACTOS O DÍA DO ORGULLO LGTBI
O CONCELLO CONMEMOROU HOXE CON VARIOS ACTOS O DÍA DO ORGULLO LGTBI
A administración local impulsa diferentes iniciativas para concienciar á poboación sobre a importancia da tolerancia e igualdade entre as persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero
Narón, 28 de xuño de 2021. O Concello levou a cabo nos últimos días varios actos con motivo do Día do Orgullo LGTBI, que se conmemora hoxe. Esta mesma mañá podíase ver no interior do Consistorio a bandeira multicor e tamén se procedeu a instalar na avenida Cataluña, na Gándara, un contenedor de vidro coa bandeira de cores baixo o lema #OrgulloDeReciclarVidrio. A entidade sen ánimo de lucro Ecovidro, encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España, impulsou esta iniciativa xunto co Concello para promover a reciclaxe de envases de vidro durante a semana do Orgullo LGTBI. Ademais, a campaña é un símbolo da unión entre a sustentabilidade ambiental e grandes causas sociais e valores como a inclusión, a diversidade e a igualdade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís responsables das áreas de Igualdade, Mar Gómez, Benestar Social, Catalina García, e Servizos, Ibán Santalla, participaron nas iniciativas impulsadas dende o Consistorio.
Co contenedor de vidro vinilado coa bandeira multicor instalado hoxe nun acto no que participou Germán Fernández, xerente de zona de Ecovidrio, o Concello de Narón afianza o seu compromiso coa reciclaxe de envases de vidro e a preservación da contorna, á vez que se suma a grandes causas sociais como o Orgullo, que se consolidou como unha das manifestacións globais con máis seguimento a favor dos dereitos humanos, a convivencia e a diversidade. Segundo os últimos datos relativos a 2020, os cidadáns de Narón reciclaron un total de 494 toneladas de envases de vidro, o que se traduce en 12,7 kg de media por habitante. Respecto a a taxa de contenerización, a localidade sitúase cunha media de 241 habitantes por contedor, contando na actualidade cun total de 162 iglús instalados para os residuos de envases de vidro.
Así mesmo, dende o pasado xoves e ata mañá a rotonda de Freixeiro permanece iluminada polas noites coas cores da bandeira conmemorativa do Orgullo LGTBI e tamén loce no acceso ao parking ubicado baixo o Concello unha bandeira co lema "Narón pola igualdade e diversidade sexual". Tamén se adheriu o Concello á campaña “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
A maiores, en defensa desa igualdade entre as persoas, na sesión plenaria do pasado mércores saíu adiante unha declaración institucional con motivo da conmemoración, hoxe, do Día Internacional do Orgullo LGTBI, sumándose o Concello á celebración desa data e comprometéndose a seguir facendo de Narón unha cidade aberta e plenamente comprometida coa igualdade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal