Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ARRANCA A SEGUNDA EDICION DO EVENTO TECNOLÓXICO NARONLINE 2009
Haberá ponencias e obradoiros sobre novas tecnoloxías dirixidos a tódalas idades e espectros sociais.
Narón, 4 de Novembro de 2009.- A primeira Tenente de Alcalde do Concello de Narón, Angeles Díaz Pardo, presentou hoxe o evento tecnolóxico Naronline 2009, que se celebrará do 5 ó 7 de novembro na sala de conferencias da Biblioteca e nun local habilitado especialmente para a ocasión na Praza de Galicia. No primeiro espazo terán lugar as ponencias mentres que o segundo albergará unha aula de informática con capacidade para 30 alumn@s cos seus respectivos ordenadores. Tanto as ponencias coma os talleres teñen carácter gratuito, aínda que resulta imprescindible a inscripción previa por cuestións de organización. As persoas interesadas poden facelo na páxina web oficial do evento (www.naronline.es) ou ben no teléfono do Concello (981 33 77 00 –extensión 1517- ). Naronline enfócase nesta segunda edición coma unha proposta máis centrada na poboación que carece de coñecementos de novas tecnoloxías que nos internautas. Pero tamén está pensado como un evento dirixido ó comercio local, “nesa campaña de promoción permanente que vimos realizando dende o Concello”, sinalou Angeles Díaz, Concelleira de Promoción Económica. Así, Naronline iníciase mañá con dúas ponencias sobre o certificado dixital e a factura electrónica, e a mellora dos procesos administrativos mediante a xestión electrónica de documentos. Ata o de agora, a organización xa ten inscritas a máis de 50 persoas nestas ponencias, que se desenvolverán no sótano da Biblioteca Municipal. O venres abrirase a aula de informática para levar a cabo dous obradoiros de búsqueda de emprego a través de Internet, e de fotografía dixital e retoque fotográfico. Tamén se impartirán poencias sobre a seguridade do menor en Internet e nocións básicas e trámites coa Administración para persoas maiores. As clases prácticas continuarán o sábado con dous obradoiros sobre xogos para nen@s e creación e dinámica de blogs, e pola tarde a aula de Internet permanecerá aberta ó público en xeral. Ademáis, haberá un simulador de voo onde os visitantes poderán realizar prácticas de pilotaxe dun avión Boeing 737, a cargo de instructores de voo profesionais. A Tenente de Alcalde destacou o carácter social e o achegamento ás novas tecnoloxías que se lle pretende dar a Naronline nesta edición. Ademáis, agradeceu á empresa R e a Eventi Narón a súa colaboración, pola instalación da banda larga e a organización do evento, respectivamente. (O programa do Naronline e o currículum dos ponentes pódense consultar na páxina web oficial)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal