Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ORGANIZOU UNHA NOVA EDICIÓN DE "CINE DE VERÁN" NA QUE SE PROXECTARÁN OITO PELÍCULAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron esta mañá o programa das proxeccións que se desenvolverán do 8 ao 30 de xullo
Narón, 30 de xuño de 2021. O Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, organizou unha nova edición de Cine de Verán, unha proposta que se iniciará o vindeiro 8 de xullo e que inclúe a proxección –ás 22.30 horas- dun total de oito películas en espazos da zona urbana e das parroquias do rural naronés. Esta iniciativa, de balde para a cidadanía, conta coa colaboración da Deputación da Coruña. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe este ciclo de cine. A primeira película proxectarase o 8 de xullo na Praza da Gándara, donde se poderá ver “A Lego película 2”, protagonizada por Emmet, Lucy, Batman e os seus amigos, que tratan de vencer aos invasores e restaurar a harmonía no universo LEGO, vivindo numerosas aventuras e afrontando perigos e ameazas para tratar de salvar o mundo. O 9 de xullo a sesión terá lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, donde se proxectará “Pérez 2”, donde un neno de oito anos, Lucas, quere descubrir como o rato Pérez cambia os dentes que lle caen ás nenas e nenos por moedas e nunca o ven. No proceso para averigualo ve que o rato Pérez cae nas mans dun empresario que quere vender os segredos do rato para facerse rico e Lucas intentará liberalo para que o rato poida seguir cambiando os dentes dos menores por moedas. As citas co cine continuarán o 15 e 16 de xullo, na Praza do colexio de Xuvia e na Praza de Galicia (Alto do Castiñeiro), donde se poderá ver “Maimiño” e “Bruxerías”, respectivamente. No primeiro caso trátase dunha versión libre do conto infantil “Pulgarcito”, unha película de animación feita en Galicia e con colaboración cubana na produción protagonizada por un pequeno campesino que loita por sacar da pobreza á súa familia pero que pasará por serios problemas ata que sucede unha milagre. No caso de “Bruxerías”, unha nena, Malva, é a protagonista dunha gran aventura para rescatar á súa avoa, curandeira e que ten unha receita para facer unha poción que permita voar, dunha organización que a secuestra para roubarlle esa receita. O 22 de xullo o Centro Cívico Social do Val acollerá a proxección de “Noctura, unha aventura máxica”, na que un neno asustadizo que vive nun orfanato, Tim, vive nun mundo paralelo cada noite, ao durmir, no que descobre que hai seres que fan a vida máis ou menos apacible e cos que tentará rescatar a Adhara, a súa estrela favorita. Ao día seguinte, o 23, o ciclo Cine de Verán chegará a San Xiao, concretamente á pista polideportiva, donde se poderá ver “Folerpiña de neve”, un filme de animación protagonizado polo gorila Copito de Nieve e dunha amiga Paula, que vivirán numerosas aventuras. As dúas últimas sesións serán o 29 de xullo na pista polideportiva de Perdoso, con “Pet 2” e o 30 na pista polideportiva de San Mateo, con “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”. En “Pet 2” o can Max e os seus amigos Gidget, Mel, Chole, Luke e Pompón, tamén mascotas, comparten segredos cando os seus donos non están na casa pero a vida de Max dará un xiro importante coa chegada dun bebé, Liam, o fillo da súa dona, que o levará a afrontar unha serie de medos. Así mesmo, en “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”, protagonizada por Mumú, unha vaca, e os seus amigos, Milo, Olga, Alfred, Talao e Rita, que teñen un aspecto moi diferente a ela, confeccionados con telas moi coloridas. Xogando ve un rebaño de ovellas e envidia a súa cor branca pero logo descobre que en realidade son estrelas e Mumu quere selo tamén, polo que vivirá unha serie de aventuras que a levarán a descubrir que ser diferente aos demais é o que nos fai únicos. Ferreiro e Sánchez Fojo recordaron o éxito da anterior convocatoria e animaron á veciñanza a asistir ás sesións, todas elas de balde, programadas para o vindeiro mes de xullo tanto na zona urbana como rural da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal