Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EDITADO O PRIMEIRO VÍDEO DE "TECENDO NARÓN" CON IMAXES DO TECIDO ASOCIATIVO DA CIDADE
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños a continuar enviando imaxes para difundir o labor das entidades
Narón, 1 de xullo de 2021. A acción comunitaria “Tecendo Narón”, impulsada a través da Escola de Participación de Narón, continúa avanzando. A través desta campaña que se leva a cabo nas redes sociais e aberta á participación de toda a veciñanza, estase creando un álbum colectivo de imaxes nas que se constate a traxectoria do movemento asociativo da cidade. “Moitas persoas xa nos fixeron chegar algunhas imaxes, que forman parte xa dun vídeo editado e que se pode ver no Instagram e Facebook da Escola de Participación de Narón e poderase ver tamén no Facebook do Concello para darlles visibilidade e continuar fomentando a relación existente entre o tecido asociativo e o Concello”, explicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños da cidade “a seguir buscando nos seus arquivos fotográficos imaxes antigas ou recentes nas que se amose o día a día das entidades, as persoas que formaron e forman parte delas… e que as compartan coa Escola de Participación de Narón, dende donde seguiremos difundíndoas”. As imaxes deben enviarse á dirección: escolaparticipacion@naron.es coa maior calidade posible, e un breve texto no que se explique en que consiste cada imaxe e, de ser o caso, que persoas aparecen nela.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal